NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
O sábado, día 13, concentrámonos no Obelisco para manifestar a nosa máis enérxica repulsa á agresión verbal e física sufrida por unha parella de homosexuais en Compostela e en solidariedade cos agredidos. O pasado martes, Antonio José Roldan, foi agredido nun supermercado da capital galega, as agresións continuaron, xa cara el e a súa parella, no hospital no que foi atendido. As agresións de carácter LGTBIfóbico suceden en Galiza constantemente, e debido a invisibilidade do colectivo, o medo das vítimas e o descoñecemento dos nosos dereitos, case non son denunciadas, aínda así, Galiza é a terceira comunidade con maior porcentaxe de delitos de odio cara lesbianas, gays, bisexuais e transexuais.
Manifesto lido
na concentración.
Reunímonos hoxe aquí, na Coruña, para denunciar un
crime acontecido nunha cidade irmá: Santiago de
Compostela. Un crime, un atentado, contra a
liberdade sexual das persoas.
O pasado día 8 deste mes, Antonio, un veciño de
Compostela, foi agredido sen previo aviso nas
inmediacións dun supermercado, á plena luz do día e
baixo os berros de "maricón" e "sidoso se merda". A
agresión continuou cando a súa parella, Rober,
acudiu na súa axuda e mesmo os acompañou ata o
centro hospitalario ao que acudiron de urxencias,
cando os agresores se personaron alí para, mediante
ameazas, tratar de evitar que a parella agredida
denunciara o acontecido.
Outra parella tería calado por medo, pero non así
Antonio e Rober, que levaron a cabo a necesaria
denuncia e compartiron públicamente a súa
experiencia para recordar ao mundo que non todo
está gañado no eido das liberdades, nin moito
menos. É por esa bravura que temos que agradecer a
ámbolos dous que se teñan exposto aos medios e
teñan feito que se fale con máis intensidade dun
problema sistémico que estamos a sufrir: o problema
da LGTBIfobia. Problema que xa vivimos de forma moi
tráxica coa morte de Xulio e Al Dani en donde
Roberto tivo unha labor fundamental coa familia das
victimas e coa loita porque o xuizo tivera
finalmente unha condena do asesino que en un
principio quedou libre por un tribunal popular.
Non vos parece que merecen un aplauso?
Temos que deixar de considerar este tipo de
violencias de forma xenérica. Queremos poñer o foco
sobre todo tipo de violencias, pero destacando que
nesta ocasión a violencia é claramente homófoba: a
libre expresión da orientación sexual non normativa
é atacada polo heteropatriarcado. Estes actos
violentos poñen de manifesto a necesidade de crear
protocolos e itinerarios de intervención
específicos que sexan efectivos.
Os números non enganan. O historial deste tipo de
violencias na nosa cidade non é pequeno. O pasado
ano 2015, dos 50 delitos de odio así clasificados
na provincia da Coruña, 41 estiveron asociados á
orientación sexual ou á identidade de xénero das
vítimas. A nivel estatal, as estatísticas confirman
que este tipo é tamén o máis común, conformando o
39,9% do total de delitos de odio. O resultado
disto pode ser devastador, como comprobamos hai
pouco co asasinato social de Alan, un mozo trans
que, víctima do bullying transfóbico, rematou por
suicidarse na pasada noiteboa.
Cómo é que nesta situación tan crítica podemos
presenciar neglixencias aberrantes na actuación dos
corpos de seguridade cando deberían ser os
encargados de protexernos? Cómo é posible que, tal
e como sucedeu no caso de Rober e Antonio, as
forzas de seguridade demostraran tan pouca
sensibilización e contundencia á hora de actuar?
Dende aquí non podemos máis que agradecer o
traballo do persoal de seguridade do hospital así
como a solidaridade do persoal sanitario que actuou
onde non o fixo a policía e denunciar a necesidade
de formar e sensibilizar urxentemente ás forzas e
corpos de seguridade do estado.
Ante esta situación acuciante na que unha parte de
poboación está a someter as liberdades doutra,
facéndonos sentir máis pequenas, máis vulnerables e
cidadás de segunda categoría, non podemos transixir
máis. Temos que impor a razón sobre o reinado do
heteropatriarcado que se sustenta en medo e
represión ao diferente. Temos que loitar por un
cambio significativo a tódolos niveis que garantice
a nosa seguridade e a nosa liberdade a ser o que
somos.
A nivel social, compre facer un cambio de gran
magnitude para visibilizar a nosa realidade, porque
o invisible non existe. Familias nas que o tema é
tabú, escolas nas que se omite toda referencia á
homoafectividade perpetuando a idea única
heteropatriarcal de familia modelo, centros de
traballo hostiles por acción ou omisión nos que os
medos e a situación de dependenza nos arrastra de
novo a un armario sutil, zonas rurais nas que a
falta de referentes conleva ao ocultamento, grandes
cidades nas que a agresividade latente se ceba
impunemente co diferente, países enteiros nos que
amar está penado coa morte.
A nivel persoal, todas temos que participar deste
cambio que debe comezar dende o berce. É
imprescindible que preparemos un futuro mellor,
como tamén é imprescindible que fagamos do presente
un lugar máis seguro dando un paso á fronte e
denunciando as violencias LGTBIfóbicas e machistas,
que en moitos casos por medo ao estigma non se
denuncian ou se disfrazan doutras violencias,
ocultando o problema real. Ás veces son axentes
externos os que tratan por tódolos medios de diluir
responsabilidades, como no caso de Vanesa, militar
que denunciou o acoso homófobo que está a sufrir no
cuartel, ante o cal algúns medios de comunicación
trataron de infundir a idea de que podería ser unha
montaxe. Tampouco podemos tolerar a violencia
machista e o feminicidio que estamos a sofrer có
asesinato case cotidiano de mulleres e fillxs a
mans da suas parellas, como onte en BecerreÁ onde
unha muller de 40 anos foi asesinada.
Non deixemos que saian coa súa.
A nivel político, é imprescindible a creación de
protocolos efectivos para combatir as actuais
desigualdades. Neste senso incidimos de novo na
actuación das forzas de seguridade, en esta ocasión
como en tantas outras, no caso de violencia
homo/lesbotrasnfoba é pasar do tema, e actuan con
case total impunidade cós agresores… exisimos
protocolos dende as administracions públicas,
contacto real cos colectivos, por iso hoxe aquí
pedimos sentirnos acompañadas e protexidas pola
policía local, para que sepan cal e a súa labor coa
cidadanía. Precisamos dunha
implicación real das forzas políticas nesta loita
que nos incumbe a todas. Non nos sirve de nada ter
unha lei pola igualdade de trato e a non
discriminación de lesbianas, gays, transexuais,
bisexuais e intersexuais en Galicia vacía de
contidos tralas modificacións sufridas durante a
creba parlamentaria. Precisamos dunha
ferramenta real coa que protexer as nosas
liberdades.
En definitiva, o cambio é posible. Involucra a
moitos axentes, sí, pero comeza na rúa. Cada día
comeza dende un punto novo e hoxe, comezámolo con
todas e todos vos. Moitas grazas por estar aquí. E
moitas gracias aso distintos colectivos,
grupos sociais e persoas que apoian esta
concentración na Coruña e que rexeitan a
LGTBIfobia, gracias a :
Ffotoeduca, Revirada Feminista, Colectivo
feminista Acçom Rabuda, Centro Social A Comuna,
Lésbicas Creando, Stop desfiuzamentos A Coruña,
Centro Social Gomes Gaioso, ALAS Coruña, Andamio de
Enfrente, activistas autónomos queers, Proxecto
Cárcere, Zocamiñoca, Oficina para a Igualdade de
Xénero da UDC (OIX), Centro de Estudos de Xénero e
Feministas da UDC (CEFEX), Mestrado Oficial en
Migracions Internacionais da UDC (MOMI),
Equipo de Sociología de las Migraciones
Internacionales da UDC (ESOMI).
Seguimos en loita!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript