NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
As Marchas na nosa Comarca somos unha plataforma de funcionamento horizontal e asembleario, en febreiro de 2014, desde a Columna Caranceira e máis tarde desde a Columna de Ferrolterra, tomamos unha decisión de marchar até Madrid, para manifestar-nos o 22 de Marzo, xunto a traballadoras e traballadores doutros lugares e nacións do Estado. Confluíamos en Madrid diversas columnas de traballadoras e traballadores, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika.
Marchabamos ... e seguimos marchando
« Polo dereito ao traballo.
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda
básica.
« Polo dereito a unha vivenda digna.
« Polos servizos públicos, a sanidade e a
educación.
« Contra a corrupción , os corruptos e os
corruptores.
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga.
« Contra a estafa e o roubo bancario.
« Polo dereito a decidir dos pobos das nacións do
estado.
Na Galiza participamos na Columna Galega, formando
parte da Plataforma Galega como a asemblea das
Marchas da Dignidade de Ferrolterra apoiando o
Manifesto Galego. Facemos dous anos de
asembleas e mobilizacións que se memorizan
neste sitio na rede.
Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade,
unía a moitas persoas afectadas polas políticas
inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos
corruptos e neoliberais, presentes nas institucións
e gobernos do estado a todos os niveis. Mas aínda
non conseguimos botar do goberno español ao Partido
Popular, nestas últimas eleccións xerais, foron o
partido máis votado con máis de 7 millóns de
persoas que depositaron unha papeleta apoiando-os.
Con toda probabilidade, en Abril haberá novas
eleccións, pois os poderosos sectores socioliberais
do PSOE apertan con forza para que non haxa un
goberno no estado capaz de paliar o sufrimento de
millóns de persoas, derroguen a lexislación máis
lesiva e aproben leis en beneficio da clase
traballadora e contra o acelerado empobrecemento da
poboación.
Desde as Marchas da Dignidade, sempre
dixemos que non se cambia o rumbo co voto, o voto
ten que ir acompañado dunha mobilización constante
na rúa, pois chegar ao goberno non é ter o poder, o
poder conquista-se coa construción social e
económica alternativa, concienciando e mobilizando,
logo o voto será mais forte e decisivo.
Nas pasadas eleccións municipais do 24 de Maio de
2015, cambiaron cousas e gobernos, a nivel de
estado se lles arrebataron cidades tan importantes
como Madrid, Valencia, Zaragoza e Cádiz que pasan a
mans de plataformas de esquerda alternativa. En
Barcelona Ada Colau chega á alcaldía. O PP foi
desaloxado dos seus principais bastións e, das dez
grandes cidades do estado só conserva Málaga. O
PSOE tamén lles arrebatou Sevilla e Alacante. O PP
e PSOE na nova situación quedan empatados no
controlo das pequenas e medianas capitais de
provincia. Na Galiza o PP perde A Coruña,
Compostela e Ferrol a mans de alternativas
municipalistas de esquerda denominadas en moitos
casos "mareas". Nas nosas comarcas o envorco
é moi grande, o PP perde Ferrol, Fene, Neda,
Cerdido, Cedeira, Ortigueira, Moeche, Valdoviño e
Pontedeume, só reten a de Cabanas e As Somozas, e
gaña a de Mugardos onde goberna con minoría,
posibelmente por pouco tempo. De 20 concellos que
conforman as tres comarcas só teñen 3 alcaldías.
Nas comarcas do noroeste poden-se facer moitas
cousas se os gobernos e os partidos que se sitúan
na esquerda quixesen. Só teñen que reunir-se e
falar entre eles para tomar a decisión de elaborar,
de xeito participativo, un PLAN COMARCAL DE CHOQUE
CONTRA O PARO, POLO EMPREGO E A RENDA BÁSICA. E
aquí é onde andamos desde hai case un ano que
comezamos con esta demanda. Agora temos que pechar
o ciclo e conseguir que os responsábeis municipais
se poñan mans á obra. Nós estamos para demandalo, é
por iso que confeccionamos un escrito para cada
concello que estamos entregando perante esta semana
e a que ven. dentro desta campaña o vindeiro Luns 8
de Febreiro, ás 11:30hs, concentrarémonos diante
das portas do Palacio Municipal de Ferrol, para
entregar o escrito correspondente a esta cidade e
daremos conta publicamente e en rolda de prensa da
iniciativa que levamos a todos os concellos das
comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
Escritos aos Concellos:
Ares,
Cabanas, Capela (A), Cariño,
Cedeira, Cerdido,
Fene,
Ferrol, Mañón,
Moeche, Monfero,
Mugardos,
Narón,
Neda, Ortigueira, Pontedeume, Pontes de Garc.
Rodr. (As), San Sadurniño, Somozas (As) e
Valdoviño.
Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/177543179279151/
O Sector Naval da Ría de Ferrol
Na última Asemblea das Marchas da Dignidade de
Ferrolterra acordamos comezar a facer sesións
monográficas sobre o Sector Naval da Ría de Ferrol
(Navantia e industria Auxilia) como xerador de
emprego. Trata-se de realizar unha aproximación o
máis real posíbel a como se desenvolven as
condicións de traballo, xornada, horas extra e
salarios. Carga de Traballo actual e prevista.
Condicións operativas da principal (Fene e Ferrol).
Formación. Aplicación do Convenio Colectivo.
Colectivo de Prexubilados. As relacións entre
principal e industria auxiliar. Infraestruturas,
maquinaria e bens de equipo, estado actual. Análise
da Industria Auxiliar. Sistema de compras (aceiro,
metais, compoñentes electrónicos e informáticos,
..). Sistema de contratacións da empresa auxiliar.
Contratacións do persoal. A falta dunha verdadeira
industria auxiliar na comarca que forneza de bens e
complementos de alto valor engadido como motores,
bombas, equipos de goberno, propulsión e manobra,
equipos de manutención e de carga e descarga,
equipos e instalacións eléctricas, de fluídos, TICs
e sistemas electrónicos e hidráulicos, válvulas e
accesorios. Análise das reivindicacións do Dique
Flotante e Dique seco. O Sector Naval e a
Diversidade industrial. Eólica Mariña. Aparatos
Offshore. Para logo tirar conclusións, as
posibilidades industriais, as posibilidades de
xeración de emprego, acabar coa precarización e
mellorar as condicións de traballo, salariais, ...
Sabemos que moitas veces ten-se intentado abordar
este asunto, mas cumpre intenta-lo de novo. A
potenciación da contratación directa por parte das
empresas publicas (Navantia). Temos propostas que
facer.
A xuntanza inicial está prevista para o mércores 17
de Febreiro ás 18:00hs no Ateneo Ferrolán.
Foto de
Cesar Toimil. | Manifestación en Ferrol en Maio
2015.
--
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
|
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
|
Blogue Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/ |
Recollido de Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript