NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
Consoante co acordado na negociación da RPT e no acordo de calendario de convocatorias de promoción interna, hai uns días a Xerencia ven de convocar a formación que permitirá levar a efecto, nas mellores condicións posibles, a promoción comprometida para o ano 2016. Nesta ocasión a formación realizarase practicamente na súa totalidade de xeito non presencial, aproveitando os medios informáticos institucionais, coa finalidade de abaratar o proceso procurando que o seu custe incida, o menos posible, na formación do colectivo.
Lembrámosvos que o calendario acordado
sinalaba:
ANO 2016:
Oferta e convocatoria durante o primeiro
cuadrimestre de 2016 dos procesos correspondentes:
- Aos extintos grupos laborais 4A e 4B
funcionarizados nas correspondentes subescalas
especiais
- As 37 prazas da escala xeral C2 a C1
- A 25 prazas da escala xeral C1 a A2
- A 36 prazas de auxiliar técnico de biblioteca C1
a A2
- A 30 prazas de bibliotecaria/o A2 a A1
Para as compañeiras e compañeiros aos que este procedemento poida presentarlles algunha dúbida temos que aclarar que:
A inscrición na convocatoria de formación e a da
promoción realízanse en momentos distintos,
agora convocouse a formación. O que si se establece
na convocatoria (punto 4. Réxime académico) é que
as/os funcionarias/os que non se inscriban na
promoción ou non cumpran os requisitos desa
convocatoria, poderán ser dados de baixa da
formación.
A promoción é sen mobilidade. Unha vez
negociada a RPT onde se reflicte o barrado de cada
posto de traballo (categoría), procede que, as
traballadoras e traballadores poidan acadar o grupo
máis alto que o barrado da praza permite. Tamén hai
que sinalar que se desenvolverá o mesmo
procedemento en escalas que levaban tempo sen ter
promocións.
Para poder presentarse á promoción haberá que
cumprir o requisito de titulación do grupo ao que
se quere acceder. Por exemplo nunha praza co
barrado C1/A2, para poder presentarse á promoción
ao grupo A2 o funcionario ou funcionaria que se
presenta terá que estar en posesión do título de
grao ou diplomatura.
Aos extintos grupos 4A e 4B, de persoal
funcionarizado non se lles detraerá da
“mochila” a parte correspondente ao incremento
salarial que corresponda pola promoción.
No acordo de funcionarización sinalábase:
10ª.- Réxime retributivo e garantías salariais.
“No suposto de que a
diferenza entre as retribucións como funcionario e
como persoal laboral fixo fose negativa, en cómputo
bruto anual, compensarase mediante un complemento
persoal que terá unha dobre natureza:
a.-Non absorbible e actualizable polos conceptos de
antigüidade e incremento xeral anual das
retribucións dos empregados públicos.
b.- Absorbible por melloras retributivas
derivadas de procesos de carreira administrativa de
carácter ordinario.”
CALENDARIO XERAL E
DISPOSICIÓNS COMPLEMENTARIAS DO PROCESO DE
FUNCIONARIZACIÓN
“5º.- Rematado o proceso de funcionarización, e
de acordo coa normativa xeral de Función Pública,
aos funcionarios procedentes dos extintos grupos
laborais 4A e 4B se lles ofertará unha convocatoria
extraordinaria de promoción interna ao grupo
superior das súas respectivas escalas especiais,
isto é, ao grupo C1 e C2 respectivamente, ao mesmo
tempo que se oferte ao persoal funcionario da
escala xeral auxiliar a súa promoción ao grupo
C1...
Esta promoción interna extraordinaria dos
funcionarios procedentes dos extintos grupos
laborais 4A e 4B exceptuarase do carácter
absorbible das melloras retributivas derivadas de
procesos de carreira administrativa de carácter
ordinario a que fai referencia o parágrafo b) da
estipulación 10ª do Acordo de Funcionarización do
10 de xullo de 2012.”
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript