NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
O Executivo aproba o decreto que regula a xornada laboral para este ano dos traballadores públicos, que se reduce en 22,5 horas respecto de 2015.
Os arredor de
70.000 traballadores e traballadoras da
Administración pública vasca recuperarán as 35 horas
semanais en 2016 pactadas cos sindicatos no ano 2000
e anuladas por unha lei básica do Estado en 2012.
O Consello de Gobierno Vasco aprobou o martes, día 2
de febreiro, o decreto que regula o horario laboral
en 2016, que tamén inclúe 22 días de vacacións para
o persoal público e 6 máis de permiso por asuntos
particulares. Ademais, o xoves, día 11, o Goberno
vasco convocou a Mesa de Función Pública para
acordar cos sindicatos a devolución dos días libres
por antigüidade.
Así, con este decreto, a xornada laboral fíxase en
1.592 horas ao ano, 22 horas e media de presenza
efectiva menos que en 2015, explicou o portavoz do
Executivo vasco, Josu Erkoreka, na rolda de prensa
posterior ao Consello de Goberno. O portavoz
explicou que o Executivo vasco adoptou esta decisión
tres anos e medio despois da normativa estatal
porque a situación económica e orzamentaria
permíteo.
O decreto aprobado terá un impacto económico de 8,7
millóns de euros nas arcas públicas, un gasto que na
súa maioría investirase no pago de substitucións en
Osakidetza e das horas gratificadas do persoal da
Ertzaintza. Durante a reunión que se celebrará cos
sindicatos tamén se negociará a devolución dos
denominados «canosos», os días libres acumulados
polo persoal público en concepto de antigüidade, que
o Goberno Vasco quere que se recuperen en 2016.
El Correo.com
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript