Número 30 - maio 2010
 
 
 Última hora: convocatoria unitaria de folga para o día 8 de xuño, concentracións o día 20 ás 19h., preme para ler máis

    ZAPATERO QUITOU A CARETA

    As medidas presentadas polo goberno constitúen un ataque directo ás condicións de vida de millóns de traballador@s e pensionistas, sumándose aos recortes salariais e aos despedimentos masivos que dende fai xa dous anos se veñen producindo como resposta á crise. Nin unha soa medida roza os intereses dos que son á vez, e cada día máis claramente, responsables e beneficiarios da crise.

    Anos de burbullas inmobiliarias e financeiras, de capitalismo de casino, de inxeccións millonarias á banca e de impunidade total do mundo das finanzas teñen agora o seu complemento no plan de choque que, baixo o amparo da UE do capital, do FMI e do propio Obama, se dispón a aplicar servilmente o Goberno "socialista" de Zapatero.

    Estamos a sufrir un ataque especulativo dunha "manda de lobos" aos que todos os gobernos occidentais sen excepción salvaron con axudas públicas millonarias que deixaron baleiras as arcas do Estado, para recuperar eses cartos, esixen o noso sacrificio. Agora son estes sectores os que se están a lucrar coa débeda pública contraída para salvalos da ruína fai apenas uns meses. É un escándalo inaceptable.

    Ante este ataque brutal contra a xente traballadora, e para facer fronte á ditadura dos mercados e os gobernos ao seu servizo, é xa inaprazable a convocatoria por parte dos sindicatos dunha Folga Xeral que diga: basta!

El análisis -

    Durante máis de dúas horas os miles de manifestantes percorremos as rúas da capital galega ata chegar á praza do Obradoiro, onde a enchemos completamente. Berros e pancartas de "Tamén pola lingua: FOLGA XERAL!", ''En Galiza en galego'', ''Decretazo Nunca Máis'' e ''Polo dereito a vivir en galego'' retumbaron nas rúas do centro histórico, farémolo as veces que sexa necesario!.

Seguimos reivindicando a FOLGA XERAL XA!

    REFORMA LABORAL, CONXELACIÓN DE PENSIÓNS. REBAIXA SALARIAL AO FUNCIONARIADO…

    UNIVERSIDADE

    Dada a transcendencia do tema, pois da consecución dun financiamento axeitado depende o futuro da institución e a execución dos proxectos do PAS.

    Seguiremos insistindo nel e, coma neste caso, enlazando a artigos que nos parecen interesantes.

    EMPREGO

    Galicia sumou case 2.000 funcionarios no primeiro trimestre do ano pero perdeu máis de 28.000 postos de traballo no sector privado

    

    Paradoxos da vida. Moitos empresarios españois seguirán declarándose 'mileuristas'.

   UNIVERSIDADE

    Últimas convocatorias de prazas nas Universidades da Coruña, Santiago e de Vigo.

QUE PASA COA XERENCIA

23/04/2010 A Vicexerencia traslada ao Comité 21 convocatorias para o seu informe.

    Esperamos que as cousas se fagan con seriedade, a negociación non se pode converter nun show.

    Se nunha semana se poden preparar 21 convocatorias:
    * Porqué se nos fixo agardar todo este tempo?
    * Si se tiñan preparadas. Porqué non se nos pasaron antes?  


    
  •   
 
    UNIVERSIDADE

    Algo se move nas universidades, comeza a organizarse a resposta ao documento Estratexia Universidade 2015. O goberno da universidade e as súas entidades de investigación e innovación, elaborado pola devandita fundación a petición da CRUE.

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Dado o que nos está a caer enriba non é de estrañar o incremento de cartas recibidas e o motivo que as inspiran.

     

PREZOS

    O IPC situouse en Galiza no 1,7 por cento en abril, dúas décimas máis que o mes anterior, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE). Con este, xa son seis os meses consecutivos nos que a inflación se atopa en taxas positivas.

  PRIVATIZACIÓN

    O centro de Vigo estará listo en 2013, disporá dunhas 2.000 camas e ten previsto crear 2.400 postos de traballo directos e indirectos.


    

Vindeiras actuacións do Comité

 

 

Día 06/05/2010  na reunión coa Xerencia, o Comité fíxolle saber que agarda a última proposta para trasladarlla ás/aos traballadoras/es para a súa valoración.

A RPT non estará rematada no primeiro trimestre de 2010.

CONVOCATORIAS:

Convocatoria de Telefonistas (NOVIDADE)

Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática

Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo

Correción de erros na convocatoria de Conserxes

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
  

    Os titulares dun contrato de relevo de duración temporal e non fixos teñen dereito a unha indemnización de oito días de salario por ano de servizo ao non existir equiparación entre os contratos de interinidade e relevo.


    
  •   
Números anteriores
 
De interese
CALENDARIO LABORAL 2010
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript