Maio de 2010
 
 

18/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE/FORMACIÓN

 

O ataque esixe unha resposta contundente

  •  

Víase vir: os plans do goberno para estabilizar e reducir o déficit público fixeron recaer o custo da crise sobre os ombros dos máis desfavorecidos. Aínda que haberá que ver como concreta, as medidas anunciadas van encamiñadas a satisfacer á banca e á patronal (non en van, estes últimos lanzáronse rapidamente a aplaudir as medidas), e de camiño transixir ante os designios neoliberais que imperan na UE.

 

Segundo repiten os expertos, o plan de medidas do Goberno "axudará a tranquilizar aos mercados", "devolverá a confianza aos mercados" e "calmará a ansiedade dos investidores". De feito, na mensaxe que Obama fixo pública, despois da conversa telefónica do martes con Zapatero, cualificou de "valentes pasos" para "axudar a facer fronte á situación económica de Europa e a construír confianza nos mercados", é dicir: Hai que calmar aos mercados.

Os mercados financeiros fórmanos os grandes grupos bancarios e empresariais, os xestores de fondos e os especuladores de toda índole.

Os corruptos que provocaron a crise económica, cunha xestión propia do capitalismo máis voraz, son agora os que sinalan ao goberno o camiño para saír dela, cargando todo o custo na cidadanía.

Socializaron a crise, fixeron que toda a sociedade pagase os seus desmáns. Un mal chamado goberno socialista fíxonos asumir as súas débedas o que aumentou, o déficit público. Agora esíxennos reducir este desequilibrio obrigándonos a baixarnos o soldo, as pensións e a política social, antes xa levaran a máis do 20% da poboación activa ao desemprego.

O goberno, FMI, UE, Obama (este señor non era, tamén, de esquerda?), fan súa a consigna de: todo pola tranquilidade dos mercados a costa da cidadanía!.

Os especuladores, os mercados financeiros, son insaciables e non se van a contentar con este recorte, as seguintes reclamacións serán, entre outras, o retraso da idade de xubilación, a reforma do mercado laboral, máis rebaixas de dereitos laborais e sociais….

O que resulta aínda máis insultante é que os que orixinaron a crise non teñen o máis mínimo pudor en subirse os soldos mentres nos sacrifican aos demais.

Os traballadores, en todo este proceso, non activamos as mobilizacións, fomos os convidados de pedra de todas as reunións negociadoras, e, ao remate, tócanos pagar a conta de todo o consumido.

Está claro, nesta situación de calma absoluta pola nosa parte, os mercados poden máis ca os traballadores, e os gobernos póñense, rapidamente, mans á obra para contentalos.

 

O noso sindicato ten claro que só hai dous xeitos de abordar a saída da crise, unha, a que se nos impón, a de sempre, que a paguemos os cidadáns, o outro xeito é facendo que a paguen os que a crearon, para isto fai falla a unidade e a mobilización social, neste camiño levamos dous anos reclamando a convocatoria dunha folga xeral.

 

Vai sendo hora de que ensinemos os dentes, que saiba o poder político e económico que temos dignidade, hai que saír á rúa.

 

Chamámosvos a asistir as concentracións convocadas o día 20 de maio, ás 7 da tarde:

Coruña: na Delegación do goberno.

 

Ferrol: diante dos edificios da Xunta de Galiza.

 

 E a participar activamente na folga xeral unitaria convocada para o día 8 de xuño en toda a administración pública.

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript