18/05/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Dado o que nos está a caer enriba non é de estrañar o incremento de cartas recibidas e o motivo que as inspiran.
As diferenzas entre o público e
o privado, hoxe
O público rexe, designa e normaliza; xestiona
servizos e dereitos fundamentais para que o
sector privado recolla beneficios sabendo que
cando estes xa non sexan tan cuantiosos poderá
emigrar e arrasar outros caladoiros.
O público axuda, promove e subvenciona ao
sector privado porque xera emprego.
O público faise cargo de pensións e subsidios
por desemprego mentres que o privado pon a bo
recado os seus bens, conseguidos coas axudas
oficiais, co abaratamento e precariedade da man
de obra, co esforzo de mans traballadoras que
viron como a súa calidade de vida ía en
detrimento dos beneficios empresariais.
O público encóntrase subxugado e ao servizo do
privado, atenazado e atadas as mans pola pinza
mercantilista; pisado e menosprezado pola
avaricia.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript