NÚMERO 299 - 18/01/2016
CUTUDC / Novidades
Remataron as festas, as do nadal. e as institucionais, tanto as posteriores á votación de novo reitor como ás de despois da toma de posesión de Abalde. Toca afrontar a realidade.
Asinada a RPT toca levar a efecto
as promocións acordadas. Proximamente abordaremos
os novos orzamentos, actualmente están prorrogados
os de 2015. O desfase orzamentario que levou á
parálise no gasto decretada no verán do ano pasado
segue sen solución e temémonos que dalgún xeito
repercuta nos novos orzamentos.
A decisión unilateral da Xerencia prorrogando, de
xeito ilegal e en contra da vontade unánime da
Xunta de Persoal, as comisións de servizo do
persoal funcionarizado á que como órgano de
representación toca dar unha contundente resposta
ponnos, unha vez máis sobre aviso de que non
podemos caer na compracencia e debemos vixiar e
controlar as accións do novo equipo de goberno.
Do mesmo xeito que se incumpre a
RESOLUCiÓN DA XERENCIA 1/2014, DO 9 DE
XULLO DE 2014, POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS PARA A
COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS DE TRABAllO DE PAS
FUNCIONARIO EN COMISiÓN DE SERVIZOS
acordada entre a propia xerencia e
a Xunta de Persoal, poden quedar en papel mollado
outros acordos.
Non o permitiremos!!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript