Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 299 - 18/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

Axuda económica para familias con fill@s nad@s ou adoptad@s no ano 2016

Outro carrameliño electoral, no DOG do 30 de decembro de 2015 publicouse a ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016 e se procede a súa convocatoria. Esta Orde ten como obxecto a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan unha filla/o ou adopten unha nena ou neno menor dun ano.

 

  • Noticias relacionadas

 

Contía da axuda
 
Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano.
 
A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida.
 
Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.
 
Persoas beneficiarias
 
Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.
 
Requisitos
 
1. Será requisito necesario para a concesión desta axuda:
 
a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderanse requirir para que presenten a documentación complementaria que o demostre.
 
b) Que a renda da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, da declaración do IRPF do ano 2014 non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida entre o número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500 €.
 
Nos casos en que non se teña realizado a declaración do IRPF do ano 2014, os ingresos serán os que resulten dos datos que consten en poder da AEAT, de conformidade co disposto no artigo 8.1 desta orde, aos cales se lles restarán os gastos deducibles.
 
2. Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.
 
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
 
Como sinalamos non se trata de formalizar unha política de axuda á natalidade. Trátase precisamente de todo o contrario, facer esquecer os recortes que nesta materia realizou o goberno do PP, mediante un cheque que só contempla o ano das eleccións.
 
Máis información

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript