NÚMERO 299 - 18/01/2016
CUTUDC / Novidades
O día 11 de xaneiro e mentres se celebraba unha vista oral no Xulgado de Instrución nº4 de Ferrol, pola demanda interposta por Marcos Guerreiro contra a financeira UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios), entidade participada polo Banco Santander e BNP (Banca Nacional de Paris), diante do edificio dos Xulgados de Ferrol tivo lugar unha concentración de apoio ao compañeiro Marcos e contra os abusos bancarios.
A vista oral
do día 11 de xaneiro de 2016, trataba sobre unha
demanda contra a aplicación do índice de referencia
de préstamos hipotecarios (IRPH) presentada por
Marcos Guerreiro, contra a financeira UCI,
entidade coa que ten subscrito un contrato de
préstamo hipotecario. Despois da vista oral de
hoxe, onde as partes presentaron a documentación e
expuxeron os seus argumentos ante a demanda, o
xuízo quedou fixado para o vindeiro 23 de Febreiro,
ás 12:30hs.
Concentración
O mesmo Marcos Guerreiro, convocou unha
concentración diante do edificio dos Xulgados de
Ferrol, apoiada pola Plataforma de Afectad@s pola
Hipoteca (PAH) de Ferrol e Comarca e Stop
Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol
Terra, á convocatoria sumaron-se as Marchas da
Dignidade e tamén participaron o Alcalde e
concelleir@s da corporación municipal de Ferrol
(Jorge Suárez, Iván Rivas, Beatriz Sestayo, Álvaro
Montes, Eva Espiñeira, ...), e membros das
organizacións políticas BNG, Ferrol en Común,
PSdeG-PSOE, e a deputada de En Marea recen elixida Yolanda Díaz. Concentración contra a estafa
e os abusos bancarios, e que reivindicaba o dereito
a unha vivenda digna e adecuada.
Marcos Guerreiro explicou o seu propio
calvario hipotecario que ven relatando aos medios
de comunicación e a políticos de referencia que
participaron na recente campaña electoral, ao cal
lles pedía un cambio lexislativo que evitara as
estafas e abusos bancarios e protexera ás persoas
fronte ás grandes corporación financeiras. E
agradeceu o apoio recibido na súa loita contra a
estafa do IRPH (Índice de Referencia de Préstamos
Hipotecarios) que é un índice opaco e manipulábel
como así recoñece o propio Banco de España, mais
que o segue mantendo como un dos índices de
referencia para os contratos hipotecarios. O propio
Marcos denunciaba que a súa hipoteca, a
pesar de pagar, seguía subindo, mesmo que pedindo
116.000 euros chegou a deber 121.000.
Enlace de referencia:
Relato e enlaces de interese | Xuízo en Ferrol,
este 11 de Xaneiro, contra a financeira UCI (Banco
Santander e BNP), polo abusivo índice hipotecario
IRPH | 09.01.2016 |
Ir a post no noso sitio.
A nova nos medios:
* IRPH: Feita a hipoteca, feita a trampa. |
Interesante artigo de Marcos Pérez Pena |
Praza Pública. | 11.01.2016 |
Ir á Web.
* Vista oral nun xulgado de Ferrol. | Denuncia a
aplicación dun índice "opaco" no seu préstamo
hipotecario. | O xuízo, fixado para o 23 de
febreiro, trala concentración de apoio e en
protesta contra as prácticas da financeira. | E.P.
FERROL | El Correo Gallego | 11.01.2016 19.05h. |
Ir à Web.
* Concentración ante unha denuncia contra entidades
bancarias por abuso hipotecario. | Galicia Ártabra
Digital | 11.01.2016 |
Ir à Web.
* Díaz sinala en Ferrol que casos como o de Marcos
Guerreiro "mostran estafa" | Luns, 11 Xaneiro 2016
16:16 | Noticias Galicia |
Ir à Web.
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de
Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs
(17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega
de STOPs e PAHs.
Correo-e: forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local: Avda. Castelao S/N. | Local de Arméria Soc.
coop. Galega | Traseira do Mercado Municipal de
Caranza | 1406-Ferrol
Recollido de Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript