Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 299 - 18/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizo do persoal funcionarizado

Trala constitución da nova Xunta de Persoal recordóuselle ao xerente a necesidade de abordar, con tempo suficiente, a circunstancia que tería lugar o día 8 de xaneiro co remate das comisións de servizo do persoal funcionarizado.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na reunión realizada coa Xerencia o día 16 de setembro de 2015 trasládaselle a decisión tomada por unanimidade na Xunta de Persoal ao respecto (Acta da reunión realizada o día 8/9/2015) e, posteriormente, o día 25 de setembro, remítese escrito rexeitando o carácter de excepcionalidade que a Xerencia propón para xustificar a súa prórroga. Máis tarde, o 27 de outubro, a Xunta de Persoal insiste en que compre preparar as medidas necesarias para abordar esta circunstancia. En reunións posteriores coa Xerencia reiteramos a necesidade de que se aborde a situación coa finalidade de causar os menores inconvenientes posibles ao persoal e servizos afectados.
 
Diante da falta de medidas e o silencio institucional nun tema transcendente para a Xunta de Persoal, e para @s traballador@s afectad@s, o presidente do órgano de representación diríxese, persoalmente, ao xerente o día 15 de decembro para instarlle se puxesen en marcha as medidas necesarias para resolver a situación que se produciría o día 8 de xaneiro. Nesa reunión o xerente insiste na excepcionalidade do proceso e anuncia a convocatoria dunha reunión coa Xunta de Persoal que se realiza o 22 de decembro.
 
Na reunión realizada o día 22 de decembro o xerente comunica a decisión unilateral de prórroga das comisións de servizo do persoal funicionarizado que se plasma na Resolución de Xerencia sobre comisións de servizos, derivadas do proceso de funcionarización, que rematan en xaneiro de 2016
 
Para nós a Resolución da Xerencia é ilegal e sen fundamento razoable:
 
Ilegal pois a Resolución da Xerencia 1/2014, do 9 de xullo de 2014, pola que se ditan instrucións para a cobertura temporal de postos de traballo de PAS funcionario en comisións de servizos, no seu punto DÉCIMO PRIMEIRO só contempla a posibilidade adoptada pola Xerencia se conta co informe favorable da Xunta de Persoal feito que non se da.
 
Non ten fundamento razoable pois, a parte da excepcionalidade do procedemento de funcionarización, arguméntase para xustificala que ten como finalidade “garantir o axeitado funcionamento dos centros afectados”. Non aceptamos este argumento por varios motivos: 

 
  • ·    Como sinalamos instouse á Xerencia a toma de medidas para evitar esta circunstancia co tempo suficiente para minimizar a súa repercusión tanto ao persoal como aos servizos afectados.

  • ·     A finalización temporal das comisións de servizo prodúcese en datas de baixa actividade.

  • ·    Se este é un motivo a ter en conta cando, tanto o persoal como os servizos afectados, son reducidos, que pasará cando se leve a efecto o concurso que se convocará, con carácter xeral, no ano 2016?.

 
A decisión adoptada pola Xerencia, saltándose a regulamentación que asinou co órgano de representación, esixe unha resposta contundente que non podemos dilatar.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript