Número 299 - 18 de xaneiro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Remataron as festas, volvemos á realidade

Remataron as festas, as do nadal. e as institucionais, tanto as posteriores á votación de novo reitor como ás de despois da toma de posesión de Abalde. Toca afrontar a realidade.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADE
XUNTA DE GALICIA

 PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA ÁREA SANITARIA DE FERROL
    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol convoca Asemblea Plenaria para o venres día 22 de Xaneiro, na que abordará temas tan importantes como a situación da Plataforma e analizará e debaterá sobre a situación da sanidade pública, procedendo, tamén, á renovación da Comisión Permanente.
 STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA
    Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña non queremos deixar pasar a oportunidade de facer balance deste 2015 que tantas novidades (boas e malas) nos trouxo: a Lei Mordaza, a loita que continúa en Elviña, xuízos gañados e novas multas por loitar polos dereitos de todas.
 OS MARIÑEIROS DO CERCO EN LOITA
    O pasado venres, día 15, os mariñeiros do cerco, convocados pola Secretaría Xeral de Pesca, desprazáronse a Madrid onde constataron, unha vez máis, a falta de interese do PP para dar solución á súa reclamación centrada nun xusto reparto das cotas. A representación da Secretaría, fundamentándose na súa situación de interinidade, sinaloulles que, neste eido, non había novidades. A representación de traballadores e armadores preguntábase, á saída da reunión a razón da súa convocatoria.
 CONTRA OS ASASINATOS MACHISTAS
    O 29 de Decembro, unha muller máis foi asasinada en Narón e ata o 13 de xaneiro non fóra identificado o asasino, ese día procedeuse á detención do seu marido. Con 79 anos de idade e veciña de Narón, Caridad Pérez Calderón foi degolada no domicilio familiar. Non imos ficar paradas, o día 15 de xaneiro ás 20h realizáronse concentracións, en varias vilas de Galiza, en repulsa contra este novo crime.
PLATAFORMA CONTRA A REPRESIÓN CORUNHA

    Nos últimos meses asistimos impotentes a varias acometidas represivas en contra dos movementos sociais. Amparado pola lexislación antiterrorista, o goberno lanzou varias redadas en diversos puntos do estado que levaron ante a audiencia nacional a números@s activistas acusad@s de pertenza ou apoloxía dunhas organizacións terroristas de máis que dubidosa existencia, sempre baixo probas ridículas e inconsistentes.

• OPINIÓN - Antón Losada

    Por se a alguén quedaba algunha dúbida a avogacía do Estado afirmouno de maneira textual, na solemnidade dun tribunal de Xustiza. Facenda somos todos só é un slogan publicitario, igual que "Xa é primavera no Corte Inglés", "Nocilla que merendiña", ou "Dixo o touro moribundo: sinto deixar este mundo sen probar pipas Facundo".

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Trala constitución da nova Xunta de Persoal recordóuselle ao xerente a necesidade de abordar, con tempo suficiente, a circunstancia que tería lugar o día 8 de xaneiro co remate das comisións de servizo do persoal funcionarizado.
 GALIZA, ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
    O pasado día 31 de decembro o DOG publicou a lei de orzamentos para o ano 2016. Nela figura un incremento dun miserable 1% para os traballadores da súa administración, tamén, claro está para as traballadoras e traballadores das Universidades Públicas. É insultante que nun ano no que o goberno non deixa de salientar os logros económicos e o despegue da economía, despois de todo o que nos están a roubar, agora nos veñan con este ridículo incremento.:
 ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
    Función Pública que pensaba publicar a Resolución de vacacións, permisos e licenzas o día 1 de xaneiro, da agora de prazo ás organizacións sindicais até o día 15 de xaneiro para presentar alegacións ao novo borrador que lles enviou.
 CRTVG
    Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016.- A Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores alcanzou esta mañá coa dirección de recursos humanos da Corporación Radio-Televisión de Galicia un acordo que recoñece en todos os seus termos as demandas desta central sindical sobre as irregularidades que lles custaron milleiros de euros ás traballadoras e traballadores do cadro de persoal.
 STOP DESAFIUZAMENTOS - FERROL
    O día 11 de xaneiro e mentres se celebraba unha vista oral no Xulgado de Instrución nº4 de Ferrol, pola demanda interposta por Marcos Guerreiro contra a financeira UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios), entidade participada polo Banco Santander e BNP (Banca Nacional de Paris), diante do edificio dos Xulgados de Ferrol tivo lugar unha concentración de apoio ao compañeiro Marcos e contra os abusos bancarios.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    O pasado 12 de xaneiro, a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo mantivo un encontro coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Por parte do Sindicato Labrego Galego acudiu a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane. No encontro, a Consellaría expuxo as accións institucionais que está a desenvolver para afrontar a crise do sector lácteo, mentres que a Plataforma denunciou a crítica situación na que seguen as granxas con melloras no prezo só acadadas a raíz das protestas dos últimos meses.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Santiago de Compostela 5/01/2016-. Tras varios recursos rexeitados diante da Delegación do Goberno en Galiza e o Ministerio do Interior, hoxe tivo lugar en Santiago o xuízo co que Queremos Galego continúa a recorrer a sanción imposta por supostos incidentes acontecidos na manifestación do 17 de maio de 2013, que nun ambiente alegre e reivindicativo percorreu as rúas da capital galega baixo o lema “non queremos ser estranxeiras na nosa patria”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        A NOVA LEI DE ACUICULTURA"

         
          EXCULPATOR PLUS

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript