Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 299 - 18/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Antón Losada
 

Facenda somos algúns

Por se a alguén quedaba algunha dúbida a avogacía do Estado afirmouno de maneira textual, na solemnidade dun tribunal de Xustiza. Facenda somos todos só é un slogan publicitario, igual que "Xa é primavera no Corte Inglés", "Nocilla que merendiña", ou "Dixo o touro moribundo: sinto deixar este mundo sen probar pipas Facundo".

 

  • Noticias relacionadas

 

Facenda só somos algúns é a crúa realidade que evidenciou a avogada do Estado, un tanto cegada por esa prepotencia tan de corpo superior do Estado. Concretamente quen cobra unha nómina mensual coa súa pertinente retención, eses autónomos que liquidan cada tres meses o seu IVE como bos crentes, os pensionistas que agora copagan os seus medicamentos ou os dependentes e as súas familias que resisten cada día como poden esperando á cabalería. Vostedes coñecen mellor que eu o resto da lista de quen si son Facenda, pagan os seus impostos e sofren as políticas de sufrimento masivo decretadas precisamente por quen nin son, nin senten Facenda.
 
Facenda non son Rodrigo Rato, nin Bárcenas, nin todos aqueles que se beneficiaron da amnistía fiscal decretada por este Goberno no noso nome e pretendendo que ademais estivésemos agradecidos aos defraudadores. Facenda tampouco son Amancio Ortega, nin os Alba, nin os Botin, nin os demais grandes patrimonios que gozan das comodidades dese paraíso fiscal chamado España mentres imparten leccións de sacrificio patriótico e cultura do esforzo.
 
Facenda non son as grandes empresas e corporacións deste país que tributan a unha media por baixo do 10% dos seus beneficios mentres os soldos dos seus executivos e conselleiros multiplican por vinte e cinco o salario medio dos seus empregados. Facenda tampouco son os máis de trescentos cincuenta mil millóns de euros que cotizan a menos dun 5%  blindados tras as decenas de artefactos fiscais postos ao seu servizo. Vostedes tamén coñecen mellor que eu a longa lista quen non senten obrigados por Facenda pero si co dereito para decidir quen son Facenda.
 
Por suposto, e non sabemos se por dereito divino como nos bos tempos, Facenda tampouco é a infanta Cristina, que o continúa sendo mentres o seu irmán elixe o rimbombante marco do Salón do Trono do Palacio Real para explicarnos o grande que é a historia de España e os enormes e incontestables éxitos que conseguimos todos xuntos cuantos traballamos unidos. En casa do ferreiro coitelo de pau e na do Rey, culleriña.
 
El Diario

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript