Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 299 - 18/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  OS MARIÑEIROS DO CERCO EN LOITA
 

Fracasa a reunión coa Secretaría Xeral de Pesca. O cerco continuara acampando en Compostela

O pasado venres, día 15, os mariñeiros do cerco, convocados pola Secretaría Xeral de Pesca, desprazáronse a Madrid onde constataron, unha vez máis, a falta de interese do PP para dar solución á súa reclamación centrada nun xusto reparto das cotas. A representación da Secretaría, fundamentándose na súa situación de interinidade, sinaloulles que, neste eido, non había novidades. A representación de traballadores e armadores preguntábase, á saída da reunión a razón da súa convocatoria.

 

  • Noticias relacionadas

 

O desleixo tanto do goberno central como do autonómico (é moi grave que a Xunta non defenda, tampouco neste terreo, os intereses dun sector produtivo do noso país) non fai máis que reforzar a necesidade de activar a presión diante das institucións para que cambien os criterios do reparto.
 
De momento os traballadores do cerco anunciaron que rematan os peches nos Concellos galegos nos que se reclamaba un reparto xusto, mantendo a acampada ante San Caetano. Convocan para este venres unha asemblea para informar da xuntanza realizada e decidir as accións a realizar.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript