Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 299 - 18/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  CELGA
 

Convocatoria de probas para obter o certificado

No DOG do 7 de xaneiro, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).

 

  • Noticias relacionadas

 

Na convocatoria sinálase:
 
“De acordo co previsto no artigo 7 da Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG número 146, do 30 de xullo, logo da proposta formulada pola Comisión Central de Avaliación, convócanse as probas para a obtención dos certificados de coñecemento de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
 
Esta convocatoria abre unha nova concepción no procedemento que se debe seguir que, sen perder toda a experiencia acumulada dos procesos anteriores, pretende afondar na maior seguridade e control da execución do proceso, na garantía dunha avaliación obxectiva coas diferentes instancias de recurso e tamén, e non menos importante, na racionalización dos recursos públicos a partir da nova dotación de persoal docente.
 
Deste xeito, a realización das probas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia centralízase en Santiago de Compostela e, no exterior, en Ponferrada, polo especial vínculo que temos coa zona do Bierzo.”
 
Indícase tamén:
 
“As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta resolución e aboar a taxa que se indica na convocatoria.”
 
“Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web http://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude.”
 
“As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).”
 
“Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro”
 
“O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.”
 
Máis información

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript