Xaneiro de 2016
 
 

NÚMERO 299 - 18/01/2016

   CUTUDC / Novidades

  GALIZA, ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
 

Retribucións

O pasado día 31 de decembro o DOG publicou a lei de orzamentos para o ano 2016. Nela figura un incremento dun miserable 1% para os traballadores da súa administración, tamén, claro está para as traballadoras e traballadores das Universidades Públicas. É insultante que nun ano no que o goberno non deixa de salientar os logros económicos e o despegue da economía, despois de todo o que nos están a roubar, agora nos veñan con este ridículo incremento.

 

  • Noticias relacionadas

 

De todos os xeitos esta miseria acompáñase coa constatación de que nos van a manter o recorte das extras durante este ano. Iso si Feijoo non se esquece da “súa” xente pois, aprobou un complemento persoal para todos os altos cargos que deixen o posto garantíndolles as retribucións que tiñan como altos cargos.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript