Número 298 - 21 de decembro de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Volvemos o 18 de xaneiro

O período de baixa actividade que se prolonga desde esta semana até arredor do 15 de xaneiro e, tamén, por coincidir co tempo no que se concentra o goce de días de asuntos particulares que leva a que a redacción do noso boletín estea baixo mínimos, obríganos (non queriamos) a deixar de publicar o PASquín até o 18 de xaneiro.

UNIVERSIDADE

Aprobada a RPT

A Consellería de Facenda, O Consello de Goberno e o Consello Social aprobaron a nova RPT que entrará en vigor unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia.

 UNIVERSIDADE
    Durante o período de nadal e prieiras semanas de xaneiro a APA non abrirá o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), a próxima apertura realizarémola o luns, día 18 de xaneiro desde as 19 até as 21 horas. Lembrade que abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT(AXG-CUT)
    @s funcionari@s do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, que desenvolveron tres días de folga, denuncian que, despois de tres días, a Xunta non se puxo en contacto con eles para solucionar os problemas denunciados a pesar de que o paro provocou a suspensión dos procedementos civís dos tres que estaban programados. Os paros continuarán a vindeira semana, concretamente os días 21 e 23 de decembro.
GUERRA DO LEITE

    A presión que dende hai 8 días manteñen os gandeiros sobre a distribución en Galicia parece que empeza a dar algún froito. Dende o día 17 representantes dos gandeiros están en negociacións con Eroski e hoxe, día 18, empezan con Lidl, dúas das grandes cadeas de distribución que non asinaron o acordo lácteo do pasado 23 de setembro e ás que os produtores acusan de non trasladarlles a suba de prezos do leite que si aplicaron aos consumidores.

 ADICAE
    Ante o anuncio de novos acordos sobre as comisións por retirada de efectivo en caixeiros automáticos, a asociación de persoas consumidoras ADICAE seguirá vixiando que as novas tarifas se manteñan nuns prezos razoables e proporcionados ao custo real da operación e non volvan desvirtuar un mercado básico para os consumidores.
 STOP DESAFIUZAMENTOS
    Segundo datos do INE, 3.870 persoas quitáronse a vida en 2013, un 22% máis que en 2010. Nani Lema sufriu o suicidio do seu irmán, afectado polo paro, un desafiuzamento e unha negociación financeira. Á súa morte, o banco reclamaba aos seus pais parte da débeda. Fai tres meses conseguiron a condonación.
7ª MAREA BRANCA

    O pasado día 13, como todos os meses, realizáronse concentracións na Coruña, Santiago e Pontevedra que clamaron contra o “acoso” e “derriba” da sanidade pública, cuxa “privatización” obriga a transferir “” a pacientes á sanidade privada.

• OPINIÓN - ECONOMISTAS SEN FRONTEIRAS

    Repítesenos machaconamente que as políticas activas de emprego son máis eficaces que as políticas pasivas porque van á orixe mentres que as segundas perpetúan o problema.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado día 16 realizouse o último Consello de Goberno do ano, foi, tamén, o de despedida do actual reitor, Xosé Luís Armesto, e, entre outras cousas, aprobouse a RPT de PAS funcionario. Ao remate da sesión soubemos que o novo reitor confirmaba no seu cargo ao xerente actual, continuará, polo tanto, Juan Manuel Díaz Villoslada á fronte da Xerencia. As previsións, no que se refire ao traspaso de poderes, son que o DOG do día 11 de xaneiro publique o nomeamento de Julio Abalde como novo reitor e o día 12 de xaneiro tome posesión do cargo.
 COMITÉS DE POLÍTICA SOCIAL
    Seguindo o calendario de mobilizacións acordado os Comités da Consellería de Política Social veñen de realizar, o pasado día 17 de decembro, a marcha con velas que partiu, ás 17 horas do Parlamento galego e rematou na Praza dan Quintana.
 ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública acaba de lanzar un informe dramático no que denuncia recortes profundos e creación de espazos de negocio para as empresas privadas. O texto íntegro é o seguinte:
 XXI CONFERENCIA SOBRE CAMBIO CLIMÁTICO
    En momentos difíciles, espérase dunha conferencia internacional que tome decisións valentes e visionarias. Este non é o caso da COP 21, cun acordo moi debaixo do cambio de rumbo requirido. Ao estado de urxencia climática, o acordo de París opón unha bricolaxe constituída pola suma dos egoísmos nacionais, tanto en materia de financiamento como nos obxectivos de redución das emisións.
 O MILAGRE DE RAJOY
    Dos 81.856 traballadores afectados por ERE ata outubro, o 46,9%, víronse envolvidos nun procedemento por causas económicas. Dentro deste apartado, os procesos nos que as empresas alegaron perdas actuais afectaron a 22.895 traballadores, mentres que a diminución do nivel de ingresos ou das vendas afectou a 7.558 empregados.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    O máximo responsábel de Cultura, Educación e Política Lingüística da provincia da Coruña enviou unha felicitación oficial de Nadal en castelán e utilizando o topónimo deturpado La Coruña.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      BRUXELAS SENTENZA CONTRA DO " TAX LEASE "

       
        A TODO PORCO LLE CHEGA O S. MARTIÑO...

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript