Número 297 - 14 de decembro de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

A RPT da un novo paso para se aprobar no Consello Social

A Comisión de Asuntos Económicos do Consello Social na reunión realizada o pasado xoves, día 10, tomou a decisión, por unanimidade, de informar favorablemente o proxecto de RPT de PAS funcionario asinado entre o reitor e a representación dos traballadores e traballadoras o pasado día 20 de novembro.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT(AXG-CUT)
    Asociacións viguesas demandaron hoxe, 10 de decembro, á administración máis orzamento para dispoñer de "capacidade de contratación" de persoal e ser así un "recurso de apoio" efectivo para as mulleres vítimas da violencia de xénero.
GUERRA DO LEITE

    Denuncian que a multinacional francesa e outras empresas da distribución non están a cumprir o acordo lácteo e que a suba do leite ao consumidor non se está a trasladar aos gandeiros. Aseguran que o prezo medio en Galicia está en 27 céntimos e con tendencia á baixa.

 ENTENDENDO O ESPOLIO
    Galiza funciona como unha Colonia Interior para o Estado, para exemplo Endesa, empresa que noutrora fora pública e agora está nas mans dunha corporación transnacional, a italiana Enel -unha compañía do sector da enerxía e un operador integrado líder nos mercados mundiais de electricidade e gas, focalizado nos mercados de Europa e Latinoamérica- que posúe o 70% de Endesa, mais a súa vez Enel está participada nun case 30% de capital público italiano, sobre todo a través da Cassa Depositi e Prestiti e o propio Ministerio de Economía e un outro 70% privado con microparticipacións, mais coa importante presencia de fondos internacionais de investimento, compañías de seguros e fondos de pensións.
 Enrique González, 'CANDO AS PINGAS SE FAN CHOIVA'
    Sabadell, Gamonal, Jódar, Madrid e Valencia son algúns dos escenarios nos que se desenvolve o documental Cando as pingas se fan choiva, unha produción do Colectivo Miradas que aluma distintos movementos de resistencia ao espolio, en todas as súas formas, vividos neses lugares.
GRAZAS A UNHA LEI APROBADA POLO GOBERNO DE ZAPATERO

    Ante as recentes eleccións en Venezuela varios representantes políticos en España non perderon a oportunidade para inmiscirse nos asuntos internos de país latinoamericano e pedir toda clase de garantías “democráticas” ao seu goberno. Polo seu posto, todo desde o alto pedestal dunha "democracia exemplar" autoproclamada.

COORDINADORA PARA A PREVENCIÓN E DENUNCIA DA TORTURA

    Por undécimo ano consecutivo, a Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT), integrada por 47 entidades de defensa dos Dereitos Humanos do Estado español, presenta o seu informe anual sobre os casos de tortura, malos tratos e mortes baixo custodia. Triplícase o número de persoas migrantes que viviron situacións de tortura ou malos tratos respecto ao 2013.

• OPINIÓN - Ignacio Escolar

    Entre outras falacias, a vicepresidenta Sáenz de Santamaría usou durante o debate unha mentira na que o PP insiste e que convén desmontar: que hai que deixar gobernar á lista máis votada para “respectar á vontade popular”.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 16 de decembro realizaranse novas reunións do Consello de Goberno, pola mañá, e do Consello Social, pola tarde. Nestas dúas sesións a RPT dará os pasos definitivos para a súa aprobación.
 UNIVERSIDADE
    Agora que estamos no camiño de recuperar a parte da extra que se nos recortou no ano 2012 comezan a xeneralizarse as sentenzas que afectan ao que ilegalmente se nos roubou na extra do ano 2013. Como vos sinalamos en anteriores números do PASquín, o colectivo laboral xa interpuxo Conflito Colectivo para recuperar o diñeiro. A Universidade recorreu a sentenza. O proceso a seguir no PAS funcionario é diferente e teremos que comezar a preparar o procedemento que obrigue á restitución tal e como se fixo coa extra de 2012.
 ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO
    No BOE do día 10 de decembro publícanse varias resolucións que afectan aos funcionarios da Administración Xeral do Estado e que modifican as instrucións vixentes en materia de xornada e horario de traballo. Igualdade de xénero e violencia no traballo. No que se refire ao dereito á conciliación, nesta semana pasada coñecemos a sentenza do Xulgado número 18 de lo Social de Madrid, que vos reproducimos..
 ALERTA SANITARIA GALIZA
    O pasado día 10 de decembro, concentráronse diante do SERGAS, máis dun centenar de Inspectores e inspectoras de Sanidade Pública concentráronse para denunciar o aumento de risco sanitario en Galiza, esixindo ao goberno autonómico un “maior compromiso coa saúde pública”.
 DESMONTANDO A SANIDADE PÚBLICA
    Nesta campaña electoral os candidatos non falan da saúde. E deberían. O PP para informar do que fixo cos servizos sanitarios e os demais para pedir explicacións. A sanidade pública é un elemento básico do Estado de benestar; desde que o PP accedeu ao poder sufriu o maior ataque da súa historia.
 A CIDADANÍA ENTRA EN CAMPAÑA O 13 DE DECEMBRO
    O domingo 13 de decembro máis de 80 colectivos e organizacións uniranse para levar a cabo unha gran acción reivindicativa no Paseo del Prado que anime á cidadanía para volver ás rúas para facer visible os dereitos e liberdades cidadás que a sociedade civil leva defendendo con intensidade desde o estalido da crise.
 ENTREVISTA AO XORNALISTA INDEPENDENTE IKER OIZ
    O 26 de maio de 2014, Iker Oiz, xornalista independente, atopábase gravando coa súa cámara as mobilizacións do Efecte Can Vies, o día en que comezou o intento de desaloxo do Centro Social Autoxestionado do barrio de Sants. Dous meses despois, era detido ao saír da súa casa. Acusado de desordes públicas e atentado á autoridade, a fiscalía pide para el unha pena de cinco anos de cárcere Un novo caso de represión contra os medios independentes explicado nesta entrevista concedida aos compañeiros de La Haine.
 LINGUA - ProLingua
    Desde a plataforma apartidaria ProLingua dirixímonos a vostede para reclamar respecto á riqueza plurilingüe de España no sitio web do Congreso dos Deputados. O portal do Senado (senado.es) pode consultarse en catalán, castelán, éuscaro, galego, valenciano e inglés, mentres que o do Congreso (congreso.es), só en castelán e inglés.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      ACABOU A CRISE ??

       
        VOTORETA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript