Número 296 - 7 de decembro de 2015
 
 

UNIVERSIDADE - ELECCIÓN DE REITOR

Os alumnos e o PAS dan a vitoria a Julio Abalde

Varios son os factores a ter en conta para analizar a vitoria do candidato da continuidade á fronte da Reitoría da Universidade: o feito de que a candidatura encabezada por Daniel Pena representase unha alternativa identificada cun pasado de infausta lembranza na universidade e vinculada politicamente coa dereita máis conservadora e reaccionaria, a incerteza que o mesmo candidato alternativo espallou sobre o cumprimento dos compromisos adquiridos polo actual equipo, a posición que o equipo de Pena mantén arredor da promoción do PDI - enfrontándoa á consolidación que propón o equipo actual - e a consideración de que o partido estaba gañado antes de comezalo pesaron como unha lousa sendo os factores que foron determinantes na derrota dos candidatos que perderon as eleccións.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 ALTERNATIVAS NA XUSTIZA-CUT(AXG-CUT)
    Os traballadores dos Xulgados de Violencia Sobre a Muller da Coruña e Vigo e os de Familia de Vigo levamos anos denunciando as situación de colapso, sobrecarga, estres, falta de medios, os recortes.. recibindo a calada no que se refire os Xdos. de Violencia sobre a Muller, ou medidas insuficientes, no caso do Xulgado de Familia, por parte da Xunta de Galicia.
CRISE ESTAFA

    A European Anti Poverty Network (EAPN), na súa delegación española, publica de forma anual o informe "O estado da pobreza" sobre o risco de pobreza e exclusión social en España. Esta infografía, baseada no devandito informe, mostra os alarmantes datos da situación da pobreza e a exclusión social no Estado español.

 DESEMPREGO
    Galicia é a segunda comunidade do Estado onde máis medrou o paro no mes de novembro, só superada por Baleares. En total, 3.066 persoas máis anotáronse nas oficinas de emprego galegas, o que eleva o total de desempregados en Galicia a 225.158, dos cales o 51 por cento non cobra prestación algunha. A suba representa un 1,38 por cento máis na taxa de paro, que contrasta co descenso de 27.071 desempregados no conxunto do Estado.
 OBSERVATORIO PARA A DEFENSA DOS DEREITOS E LIBERDADES (EsCULcA)
    Á maña do día 30 de Novembro de 2015, o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades (EsCULcA), presentou o Relatorio EsCULcA: "Democracia envenenada". O avogado e presidente da xunta directiva da entidade, Fernando Blanco Arce, pide a colaboración para dar a coñecer este importante traballo a todas as persoas e organismos que podan estar concernidos pola información que nel se recolle.
 ENTREVISTA Á ESCRITORA E CO ORGANIZADORA DO TRIBUNAL DOS POBOS CONTRA A GUERRA IMPERIALISTA E A OTAN
    Entre os días 6, 7 e 8 de novembro celebráronse en Madrid as sesións constitutivas do Tribunal Permanente dos Pobos contra a Guerra Imperialista e a OTAN (TPPCGIO). Unha iniciativa cidadá na que participan persoas preocupadas pola crecente extensión das agresións imperialistas ao longo de todo o planeta.
ProLingua - Francisco Fernández Rei

    O meu descubrimento do inconformista e heterodoxo Pepe Chao produciuse cando empezou a colaborar co semanario Teima, onde, de xaneiro a xullo do 1977, debullaba a actualidade da igrexa en xeral e comentaba desde unha perspectiva relixiosa progresista a actualidade de Galicia.

A GUERRA DO LEITE

    Os colectivos que integran a coordinadora manterán unha reunión este luns para decidir novas accións en demanda da recuperación de prezos do leite.

• OPINIÓN - Economistas Sen Fronteiras

    Acábase o ano aínda que parecía que este momento non ía chegar nunca. E acábase ao grande, con eleccións xerais. Esta circunstancia que noutros momentos non supuxo ningunha emoción especial, este ano tena e moita, case esaxerada.

    
  •   
 
 SEGURIDADE SOCIAL
    O día 1 de decembro entrou en vigor a Orde ESS/1187/2015 de desenvolvemento do Real Decreto 625/2014, a Orde publicouse no BOE de 20 de xuño de 2015. Nesta Orde recóllese o regulamento polo que se establece o novo modelo de altas e baixas médicas para os traballadores afectados por incapacidade temporal. A continuación sinalamos os aspectos esenciais que poden ser do voso interese.
 XUNTA DE GALICIA
 CUT. ENCONTRO SINDICALISMO-MOVEMENTOS SOCIAIS
    O 1º Encontro Sindicalismo e Movementos Sociais celebrado este sábado no histórico barrio obreiro de Teis acollía no seu seo unha morea de colectivos sociais e sindicais chegados dunha grande parte do tecido social vivo, cunha intensa representación da sociedade civil organizada da comarca de Vigo.
 SOS SANIDADE PÚBLICA
    O SERGAS, na Área Sanitaria de Compostela, ven de instaurar o Servizo "Queres" nos Centros de Saúde. Consiste no servizo de Atención o Doente dos Hospitais, pero nos Centros de Saúde.
 ELECCIÓNS XERAIS DO 20 DE DECEMBRO
    Tres anos despois de tentar cambiar a lei a través da ILP que o PP bloqueou coa súa maioría absoluta, e máis de 6 anos despois de autotutelar os nosos dereitos a diario parando desafiuzamentos, recollendo familias a través da Obra Social, arrincando dacións e alugueres sociais á banca, soportando multas, represión e unha campaña de estigmatización constante dende os poderes fácticos e políticos do Estado Español.
 POLÍTICA
    Hai diversas formas de resumir unha lexislatura. Pero cando se ten na Moncloa a un suxeito como Mariano Rajoy, é obrigatorio recorrer a el para facelo. E nada mellor que algunhas das ‘máximas’ que foi soltando pola area política as poucas veces en que se atreveu a improvisar. Aquí hai algunhas delas que, ademais de analizar, habería que gardar.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Donostia, 2 de decembro de 2015-. San Sebastián 2016 Cidade Europea da Cultura (DSS2016EU) e a plataforma cidadá en defensa do eúscaro, Kontseilua, presentaron o Comité Científico encargado de elaborar o Protocolo de Garantía dos Dereitos Lingüísticos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        ESTERCO TV

         
          A VIDA É COMO UN RECIBO DA LUZ

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript