NÚMERO 295 - 30/11/2015
CUTUDC / Novidades
España contaba ao peche de 2014 con 122.235 investigadores traballando a xornada completa, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Son 990 menos que en 2013 e 12.418 menos que en 2010, ano no que o sector da I+D tocou o seu máximo teito en persoal dedicado a estas actividades como en investimento.
A cifra é a máis baixa desde 2006, cando en España había 115.798 investigadores a tempo completo. Posteriormente o colectivo foi aumentando ata o ano 2010, para comezar unha progresiva caída.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript