Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 295 - 30/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

Manifestación do persoal laboral da Xunta de Galicia

Persoal laboral da Xunta marchou, o día 26, en Santiago para esixir a recuperación de poder adquisitivo e "dereitos cernados". Reclaman que, na liña do que proclama o Goberno galego, o final da crise se "traslade a todos os traballadores".

 

  • Noticias relacionadas

 

O persoal laboral da Xunta manifestouse este xoves en Compostela para esixir a recuperación de poder adquisitivo e de "dereitos cernados" durante a crise, agora que, "como publicita o Goberno, a recuperación económica é certa".
 
A marcha arrincou do Parlamento de Galicia para terminar no complexo administrativo de San Caetano, onde os traballadores reclamaron que a recuperación se traslade a todos os traballadores/as.
 
REUNION COS GRUPOS
 
Representantes do Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia mantiveron o pasado 17 de novembro, unha xuntanza con todos os grupos parlamentarios (PP, PSOE, AGE e BNG) agás o grupo mixto para transmitirlle a problemática do persoal laboral, e que derroguen determinados artigos da lei 1/2012 de medidas temporais en materia de emprego público, así como a adicional décimo segunda da lei de orzamentos onde seguen a deixar ao persoal laboral da Xunta sen artigos do V Convenio.
 
Para todo isto vólvese a explicar con moito detalle a delicada situación que están a sufrir en tódolos centros de traballo e en tódalas Consellerías ó persoal laboral con todas estas medidas de recortes , que tamén están a afectar a todos os usuarios, así mesmo comunicámoslles a manifestación que vai levar a cabo todo o persoal laboral da Xunta de Galicia o vindeiro día 26 de novembro dende o Parlamento (ás 10:30) ata San Caetano, incluíndo a entrega dun escrito ao Valedor do Pobo.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript