Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 295 - 30/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - INFORME EDUCACIÓN INFANTIL 2015
 

O galego é tratado como lingua estranxeira na maior parte dos centros de educación infantil das cidades galegas

Só se utiliza maioritariamente no 5% dos centros. No 40% dos centros de Infantil nin sequera o utilizan e chega ao 75% os centros onde non se utiliza ou a súa presenza é testemuñal.

 

  • Noticias relacionadas

 

Santiago de Compostela. 26/11/2015-. A Mesa pola Normalización Lingüística presentou hoxe os resultados do seu terceiro estudo sobre a situación do galego nas aulas de Educación Infantil de 3 a 6 anos das sete cidades galegas. Trátase dunha estimación dentro das posibilidades dunha entidade social como A Mesa pola Normalización Lingüística, tras entrevistar escolas infantís públicas e privadas das 7 cidades galegas. Porén, sinalan, “corresponde á Xunta realizar unha avaliación da situación, a través da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten as ferramentas e a capacidade de facer un estudo máis amplo e pormenorizado e, ademais, segundo o seu propio Decreto 79/2010, debe facelo”.
 
Obsérvase un incremento notábel da exclusión absoluta do galego. Por primeira vez, sinala o informe, hai centros que declaran abertamente non utilizaren nunca o galego, e supoñen un 40% do total. Esta cifra aumenta ao 75% nos que utilizan moi maioritariamente o español ou “algunha vez”, de xeito testemuñal, o galego. Vigo, Ourense e Pontevedra, son os casos máis preocupantes con porcentaxes que acadan entre o 67% e o 75% de centros que lle negan ao alumnado calquera achegamento mínimo ao galego.
Segundo a información recollida pola Mesa, “para esta exclusión e para a negación dun achegamento mínimo ao galego, serve como escusa o resultado da enquisa á que facía mención o Decretazo 79/2010 contra o galego que, ilegalmente, se segue a realizar no conxunto do ensino. Esta enquisa, declarada ilegal polo TSXG, pretendía por unha banda segregar o alumnado en función da lingua, e por outra negar a posibilidade de que aínda utilizando o castelán na casa, nais e pais contasen coa escola como ferramenta para a transmisión do galego.
 
Estudo Educación infantil
 
Arquivos anexos a descargar:
Estudo Educación infantil (944 kB)
Manifestación de Queremos Galego (191 kB)
 
http://www.amesa.gal/o-galego-e-tratado-como-lingua-estranxeira-na-maior-parte-dos-centros-de-educacion-infantil-das-cidades-galegas/
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript