UNIVERSIDADE

Cando publiquemos o próximo PASquín xa teremos novo reitor, agora, en plena campaña electoral os candidatos esfórzanse en repañar o maior número de votos posible multiplicando as visitas aos centros e explicando aos colectivos os seus respectivos proxectos.
XUNTA DE GALICIA
XUNTA DE GALICIA
Persoal laboral da Xunta marchou, o día 26, en Santiago para esixir a recuperación de poder adquisitivo e "dereitos cernados". Reclaman que, na liña do que proclama o Goberno galego, o final da crise se "traslade a todos os traballadores".
VIOLENCIA DE XÉNERO
Funcionarias do Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña denunciaron falta de medios para atender os casos que diariamente lles chegan e esixiron á Xunta de Galicia unha resposta ás súas demandas.
CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
Medio século despois, de que asasinaran un 25 de novembro ás irmás Minerva, Patria e Mª Teresa Mirabal, máximo expoñente da resistencia popular e feminista, miles de mulleres ao redor do mundo autoconvocámonos para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres: desde a violencia que se exerce sobre a nosa capacidade de decidir sobre o noso corpo, a nosa sexualidade, a nosa saúde sexual e reprodutiva, a nosa liberdade, e en definitiva a nosa vida.
POR UNHA VIVENDA DIGNA
Ter un traballo precario, cobrar un soldo miserable ou estar en paro non só significa ter ingresos baixos, senón que tamén pode derivar noutras consecuencias, como ter que vivir nunha vivenda con condicións deficitarias (ou mesmo perder a casa) , que fan enfermar por centos de miles de persoas, algunhas ata a morte.
POLÍTICA
Segundo os datos facilitados polo Ministerio de Defensa no desenvolvemento do orzamento deste ano 2015, o gasto deste Ministerio a data de xullo, foi superior nun 121% ao orzamento aprobado inicialmente. Non hai ningunha dúbida de que o gasto militar se atopa minusvalorado de forma deliberada, e que despois, durante o exercicio e de acordo coas necesidades de gasto, vaise incrementando.
LINGUA - INFORME EDUCACIÓN INFANTIL 2015
Só se utiliza maioritariamente no 5% dos centros. No 40% dos centros de Infantil nin sequera o utilizan e chega ao 75% os centros onde non se utiliza ou a súa presenza é testemuñal.
CARTAS QUE RECIBIMOS
Actuacións da Xunta de Persoal
Vindeiras
actuacións do Comité
Achéganos a túa opinión
Hai un ano as campás de Elviña redobraban para avisalos Veciños de que viña o inimigo, avisaban os veciños de que un dos nosos ia ser desaloxado da súa casa, avisaban os veciños para acudir a casa de Varo e impedir unha inxustiza. E por suposto os veciños e moitos amigos acudiron a defendelo noso pobo, a opoñerse a un desaloxo que so perseguía intereses urbanísticos.
MONTANDO O BELÉN
A MESA... "ELECTORAL"
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
GALICIA, A SEGUNDA COMUNIDADE CON MÁIS FOLGAS
CUT
da UDC sempre do lado das traballadoras/es