NÚMERO 295 - 30/11/2015
CUTUDC / Novidades
O pacto polo sector lácteo pincha en Galicia, a comunidade onde menos soben os prezos e a única de España en que as granxas reciben menos de 30 céntimos por litro.
A única boa
noticia que deixa en Galicia o pacto do sector
lácteo impulsado polo Ministerio de Agricultura no
seu primeiro mes de vixencia é, polo momento, que
os prezos soben. Os gandeiros recibiron 0,4
céntimos máis en novembro, mes no que
tradicionalmente adoita subir a remuneración das
granxas. Pero na comparativa co resto de
territorios do Estado, as novas medidas deron menos
froito en Galicia. De feito, aumenta a brecha con
respecto ao resto de comunidades.
A subida de 0,4 céntimos é inferior á media
estatal, que se situou en 0,5 céntimos, segundo os
datos do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA).
Galicia é xa a única autonomía na que os gandeiros
cobran o leite por baixo dos 30 céntimos, xa que
Cantabria, que era a segunda comunidade cos prezos
máis baixos, tivo unha subida de case un céntimo ao
pasar de 29,3 céntimos en setembro a 30,2 céntimos
en outubro.
Así mesmo, a Comunidade galega segue lonxe dos
prezos da autonomía peninsular cos datos máis
elevados, que é Andalucía, pois a media en Galicia
é de 28,7 céntimos o litro, 5,7 céntimos menos que
os 34,4 céntimos que se pagan aos produtores
andaluces.
http://www.economiadigital.es/gles/notices/2015/11/-ganaderos-gallegos-cobran-seis-centimos-por-la-leche-que-los-andaluces-70670.php
Calendario de mobilizacións
do sector lácteo
Dous meses despois de asinado o acordo lácteo, os
prezos do leite no campo continúan sen subas. As
cadeas de supermercados, sen embargo, si aumentaron
o prezo das súas marcas brancas nos lineais, unha
situación que o sector entende que require dunha
explicación.
Durante a próxima semana, as organizacións que
integran a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo
desenvolverán actos simbólicos de protesta ante
áreas comerciais de Santiago, A Coruña, Ferrol,
Pontevedra, Vigo e Lugo.
De non acadarse melloras nos próximos días, o
sector anuncia tractoradas indefinidas en Santiago,
ante a Xunta, e na Coruña, ante a delegación do
Goberno.
Os actos previstos para a próxima semana pola
Plataforma son os seguintes:
– Luns 30 de novembro. Santiago.
Comparecencia pública na Casa do Concello (12
horas), acompañados do alcalde de Santiago, Martiño
Noriega; e reparto de de información no centro
comercial As Cancelas (12.45 h.).
– Martes 1 de decembro. A Coruña.
Reparto de información ante o Alcampo (avenida
Alfonso Molina), 12 horas.
– Mércores 2 de decembro. Lugo
Reparto de información no centro comercial As
Termas (12 horas).
– Xoves, 3 de decembro. Pontevedra.
Rolda de prensa na Casa do Concello, xunto co
alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (12 horas) e
reparto de información ante o supermercado Dia
(Santa Clara).
– Venres, 4 de decembro. Ferrol.
Reparto de información no polígono das Gándaras (12
horas).
– Sábado, 5 de decembro. Vigo
Reparto de información no centro comercial Gran Vía
(12 horas).
http://www.campogalego.com/leite/calendario-de-mobilizacions-do-sector-lacteo/
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript