NÚMERO 295 - 30/11/2015
CUTUDC / Novidades
Funcionarias do Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña denunciaron falta de medios para atender os casos que diariamente lles chegan e esixiron á Xunta de Galicia unha resposta ás súas demandas.
En rolda de
prensa, tanto o portavoz de Alternativas na
Xustiza, Pablo Valeiras, como unha das
traballadoras deste xulgado, Helen Souto,
sinalaron, como exemplo, que se tardan de "tres a
catro meses" en adoptar medidas provisionais nun
caso "urxente".
Ademais, denunciaron que falta un psicólogo e un
avogado para atender ás vítimas. "Ás veces a propia
vítima non sabe se quere denunciar", sinalou Helen
Souto, que compareceu xunto a outras funcionarias
para denunciar esta situación.
Mentres, Pablo Valeiras aludiu a problemas de
"coordinación", ausencia de medios para atender ás
vítimas e aos seus fillos e "xornadas maratonianas"
por parte dos funcionarios.
RECORTES
Na mesma liña remarcou que os xulgados de
violencia de xénero "están de garda todos os días
laborais". Con todo, culpou aos "recortes" do
Executivo galego que só poida haber dous
funcionarios pola tarde, dos oito que están
asignados ao xulgado coruñés.
"Os funcionarios están a atender
psicoloxicamente ás vítimas", indicou, en
referencia á falta dun especialista. Tamén expuxo
que deben atender aos menores que chegan coas súas
nais e que estes tamén se ven afectados polo atraso
nas medidas provisionais.
Desta situación culpou aos "recortes" do
Executivo galego, pero tamén ás reformas
lexislativas do Goberno central. "Modificounas en
negativo", engadiu, en alusión a cuestións como os
quebrantamentos de condena.
ORDES DE PROTECCIÓN
Sobre o número de casos que chegan ao
xulgado coruñés, sinalou que este ano se
solicitaron, no partido xudicial da Coruña, 160
ordes de protección, delas 82 concedidas. Aínda que
Valeiras apuntou a "un reponte" de casos no xulgado
de Vigo, no herculino as súas funcionarias
precisaron que a cifra se mantén.
En canto a posibles mobilizacións, expuxeron que
o seu primeiro paso será pedir unha reunión co
goberno local da Coruña e tamén co conselleiro de
Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,
Alfonso Rueda.
Por outra banda, Valeiras lembrou que o día 1 de
decembro haberá unha protesta en Vigo. "A
reivindicación non é laboral, é contra o sistema",
sinalou sobre as condicións nas que funcionan estes
xulgados en Galicia.
(EUROPA PRESS)
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript