Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 295 - 30/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  ELECCIÓNS 20D
 

A OSCE enviará observadores ao Estado español para as eleccións do 20D

A Coordinadora 25S acaba de recibir o informe final da OSCE no que lles comunican que decidiron enviar observadores e observadoras electorais para supervisar as eleccións xerais ao Parlamento español do próximo 20 de decembro.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Este é o comunicado da Coordinadora 25S anunciando a participación da OSCE na monitoraxe dos comicios no Estado español:
 
O pasado 6 de outubro decidimos contactar coa Oficina da OSCE para as Institucións Democráticas e Dereitos Humanos (ODIHR), para solicitarlles que realizasen a monitoraxe electoral dos próximos comicios do 20 de decembro de 2015 no Estado español. Poucos días despois respondéronnos comunicándonos que ían proceder a enviar unha misión de avaliación para valorar esta solicitude.
 
O 3 de novembro convocóusenos a unha reunión en Madrid con dous representantes de OSCE/ODIHR na que puidemos transmitirlles as nosas inquedanzas e razóns para solicitar esta misión.
 
Acabamos de recibir o informe final no que comunican que decidiron enviar observadores electorais para avaliar as eleccións xerais ao Parlamento español do próximo 20 de decembro.
 
Nas ‘Conclusións e recomendacións' do devandito informe conclúen que “A misión de avaliación da OSCE/ODIHR recomenda o despregamento dunha misión de avaliación electoral específica para examinar as cuestións esbozadas neste informe, como son o marco xurídico, o financiamento dos partidos políticos e as campañas, regulamentos de votación por correo, así como cobertura da campaña electoral polos medios de comunicación.” Tamén se fan eco da falta de confianza pública no goberno e os partidos políticos “socavada por unha serie de escándalos de corrupción e unha crise económica continua.”, das complicacións de realizar actos electorais en lugares públicos tras a aprobación da nova e represiva Lei de Seguridade Cidadá, así como lembrar os ataques contra xornalistas que cobren manifestacións e das lagoas da tan esperada Lei de Transparencia.
 
Desde a nosa organización consideramos esta decisión da OSCE/ODIHR como moi importante, ao poñer en evidencia as graves deficiencias democráticas do Réxime do 78, no que nin sequera no seu simulacro democrático de votar cada catro anos, se garanten os dereitos e liberdades da cidadanía.
 
Nesta ligazón podes ler o informe completo traducido e o informe orixinal en inglés .
 
Para coñecer os antecedentes desta iniciativa da Coordinadora 25s tes toda a información nesta entrada do noso blogue.
 
https://coordinadora25s.wordpress.com/2015/11/26/a-osce-enviase-observadores-a-as-eleccións-do-20d/
 
Novembro 2015

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript