Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 295 - 30/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Elección de reitor

Cando publiquemos o próximo PASquín xa teremos novo reitor, agora, en plena campaña electoral os candidatos esfórzanse en repañar o maior número de votos posible multiplicando as visitas aos centros e explicando aos colectivos os seus respectivos proxectos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nova Luce, nestes 12 anos de goberno, foi queimando dun xeito paulatino as esperanzas que moitos traballadores e traballadoras depositaramos inicialmente nesta candidatura, para que se realizara un verdadeiro cambio na institución (as eivas xa as sinalamos nun pasquín anterior).
 
Evolución do voto no PAS

ANO

CENSO

VOTOS

BRANCO

NULOS

ABST.

Nova Luce

OUTROS  No 2011: 4

DIFER.

PARTI.

2003

678

620

21

1

58

324

275

49

91,59%

2007

680

529

78

14

151

263

174

89

77,79%

2011*

751

628

34

2

123

218

374 (4)

-156

83,62%

2011

751

598

46

1

153

257

294

-37

79.63%

·         Primeira volta

 
A candidatura alternativa, a pesar de dulcificar o seu discurso, moito nos tememos que quen tomará realmente as decisións serán precisamente os que manteñen as posicións máis próximas ás liñas seguidas na época de Meilán (algún sinal disto van dando), presumen, tamén, de ser unha alternativa “de amplo espectro”, na que conviven superviventes de equipos anteriores á época de Nova Luce xunto con algunha persoa significada sindicalmente, precisamente esta circunstancia entendemos que lle outorga a posibilidade adicional de que, debido ás diferenzas que a propia candidatura manifesta, as Vicerreitorías se convertan en reinos de taifas nas que se goberne de xeito “independente” sen nexos entre elas (xa pasou nesta universidade).
 
Para nós que a oposición ao goberno actual da Universidade teña posibilidades reais de ocupar a Reitoría é responsabilidade do goberno actual da Universidade, que coas súas decisións (das que nalgún caso deu marcha atrás) proporcionou azos a unha oposición inexistente.
 
O PAS iniciamos un camiño cara a un colectivo mellor organizado o que nos permitirá responder dun xeito máis cohesionado diante de todas as incertezas e problemas que se albiscan no futuro, nisto, na unidade e na loita reside a nosa forza.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript