NÚMERO 295- 30/11/2015
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Non
votarei a Daniel Pena
Fun ás
reunións que cadanseu candidato convocou, poucos compromisos
todos moi xenéricos pero unha cousa teño claro, Daniel Pena
non se compromete explicitamente a desenvolver o acordo de
promocións, nese acordo sinálanse, entre outras, as
promocións asinadas no acordo de funcionarización. As
persoas que asesoran aos candidatos deberían sinalarlles até
que punto poden evadir as respostas directas. Eu non votarei
polo candidato Daniel Pena.
O voto
do medo
Próximas as eleccións comeza a estenderse unha especie de
temor ás decisións que o candidato da dereita poida adoptar,
o mal menor empeza a ser, outra vez, a alternativa que
moitas adoptaremos á hora de emitir o voto.
Póñennolo moi difícil
Parece
que se empeñan en non darnos opción, ou escollemos as vellas
formas de gobernanza e camiñamos cara a unha máis que
probable e progresiva aceleración da privatización na
universidade ou votamos por un candidato que representa
“máis do mesmo” póñennolo moi difícil.
A proposta realista
Vexo a resposta que dá cada candidato con respecto ás
promocións, non poden ser máis dispares:
- O candidato do equipo gobernante comprométese
a cumplir un acordo que non ten respaldo
económico para a súa execución: promesas de
última hora para contentar ao PAS.
- Por outra banda o novo candidato, sen saber a
situación económica na que se atopa a
universidade, está dando unha resposta prudente
que non gusta ao colectivo, a unha parte do
colectivo.
Dá que pensar!!
Pero realmente: quen ten máis coñecemento da
situación real na que estamos?. Ten liquidez a
universidade?. Non se están pagando as facturas
a proveedores. O "corralito" xa está olvidado?.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript