Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 295 - 30/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
 

25 de novembro. Contra o feminicidio

Medio século despois, de que asasinaran un 25 de novembro ás irmás Minerva, Patria e Mª Teresa Mirabal, máximo expoñente da resistencia popular e feminista, miles de mulleres ao redor do mundo autoconvocámonos para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres: desde a violencia que se exerce sobre a nosa capacidade de decidir sobre o noso corpo, a nosa sexualidade, a nosa saúde sexual e reprodutiva, a nosa liberdade, e en definitiva a nosa vida.

 

  • Noticias relacionadas

 

 As mulleres que formamos parte do grupo de acción local Contra a violencia machista acción feminista da Coruña levamos preto de dous anos saíndo á rúa ao día seguinte de coñecerse un asasinato dunha muller en Galiza. Farémolo tamén este 25 de novembro para homenaxear a todas e cada unha das mulleres que sufrimos a cotío violencia machista.
 
Porque unha de cada tres mulleres no mundo padeceu ao longo da súa vida un acto de violencia de xénero (maltrato, violación, abuso, acoso...).
 
Porque a violencia machista é a principal causa de morte das mulleres de entre 15 e 44 anos, por diante do cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e mesmo as guerras, segundo datos da OMS ofrecidos polo UNIFEM.
 
Case mil mulleres foron asasinadas no estado español desde hai unha década. Centos delas, en Galiza.
 
No que levamos de ano houbo 88 asasinatos de mulleres no Estado, 8 asasinatos de mulleres en Galiza.
 
Consideramos que hai que DENUNCIAR ESTE FEMINICIDIO. E queremos socializar este termo. Galiza non é Ciudad Juarez, como dixo o voceiro do PP nun Pleno do Concello da Coruña. Mais estes asasinatos non son sucesos cotiás. Non son crimes fundamentados en axustes de contas, relacionados cun roubo con violencia, non suceden nun contexto de conflito armado. Suceden en todas as sociedades do mundo. Asasinan a mulleres en Galiza, asasinan a mulleres en Portugal, no estado español, no resto do Europa e no mundo.
 
Por iso HOXE CONMEMORAMOS EN TODOS OS PAÍSES DO MUNDO O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. Porque non estamos ante un fenómeno cultural ou de clase social, a violencia machista é transversal e aféctanos a todas. Pódeche pasar a ti, pode pasarme a min, pode ser a túa filla, a túa irmá, a túa nai, a túa veciña, a túa compañeira.
 
#QuerémonosVivas
 
Manifesto lido na concentración convocada na Coruña
 
VIDEO
 

 


Canarias Semanal

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript