Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 295 - 30/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
 

#LuzeCalorParatodas

Na Galiza 65 mil persoas sofren pobreza enerxética: non poden facer fronte ás facturas de luz, gas ou calefacción. Mentres a desigualdade e a precariedade medran, a factura eléctrica non para de subir. Temos a terceira electricidade máis cara de Europa.

 

  • Noticias relacionadas

 

 O 27 de novembro o concello de Vigo prenderá o alumeado de Nadal no que vai (imos) gastar máis de 400.000 euros, e no que se encenderan 2 millóns e medio de pequenas luces de cores.
 
Falamos con veciñas e veciños de Vigo que sofren cortes de electricidade, que contan da violencia da exclusión do acceso ao dereito á enerxía.
 
A prioridade das políticas públicas debería ser combater esta exclusión e garantir dereitos básicos.
 
A realidade que se encenderá hoxe son as luces para o consumismo, as sombras para as familias do Vigo invisíbel que sofre os cortes de luz.
 
Que se escoiten as súas voces, denunciemos a invisibilidade da pobreza enerxética.
 
Todos os días, e en Nadal tamén. Reclamamos #luzecalorparatodas
 
 
VIDEO
 

 


Canarias Semanal

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript