Número 294 - 23 de novembro de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

A Xunta de Persoal e o reitor asinan o acordo referendado o día 12

O pasado venres, día 20, o reitor, representantes de todos os sindicatos, agrupación electoral e o presidente da Xunta de Persoal asinaron o acordo que se someteu a votación o pasado día 12, garantíndose, deste xeito, a súa eficacia.

 UNIVERSIDADE
    Estes días tivemos reunións con ámbolos dous candidatos a reitor. O día 17, a Xunta de Persoal reuniuse co Julio Abalde, este candidato comunicounos que realizaría outra reunión co PAS o día 19 en Coruña e o día 20 en Ferrol. Pola súa parte o outro candidato Daniel Pena reuniuse coa Xunta de Persoal o día 20. Os dous candidatos, despois de facer un resumo do seu programa sometéronse ás preguntas dos compañeiros e compañeiras da Xunta de Persoal que asistiron ás respectivas reunións.
 UNIVERSIDADES
    Unha vez máis as cifras non amenten e ensinan a dura realidade: estudar unha carreira no Estado Español é, de media, un 18% máis caro agora, en 2015, que en 2011. O prezo medio dos mestrados disparouse ata un 64%. Pero ademais os datos non son homoxéneos por CCAA: en Cataluña estudar un grao é un 67% e na Comunidade Valenciana, estudar un mestrado, encareceuse un 200%.
UNIVERSIDADES

    O ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo, asegurou este mércores en Berlín nun foro hispano-alemán que en España hai demasiados universitarios e poucos alumnos de formación profesional. "Vai demasiada xente á universidade. Temos que equilibrar" o número de estudantes universitarios e de formación profesional, asegurou o ministro.

 ELVIÑA NON SE VENDE
    O dia 27 fará un ano que "atacaron" o noso pobo desaloxando e derruíndo a casa de Varo e Isabel, a escusa foi que a casa molestaba para facer unha ponte que conectaba co Ofimático, ¿sabedes que vai pasar con esa ponte? pois que o final non se fai, e dicir, tiráronlle a casa e deixaron a unha familia na rúa para NADA.
 CUT
    O sábado 28 de novembro, a partires das 10 horas, celebrarase no Centro Cívico de Teis (Vigo) o 1º Encontro "Sindicalismo e Movementos Sociais", coa intención de abordar a palabra e corpo aberto debates que as centrais sindicais transformadoras e os movementos sociais sempre sacrifican á ditadura do urxente, por moito que sabemos necesarios.
 LABORAL
O MERCADO DA MORTE

    Os atentados de París do pasado venres e o posterior bombardeo de Francia en Siria reabriron un debate incómodo para gobernos e entidades financeiras que invisten en armamento. Un sector cada vez máis amplo da poboación cuestiona o negocio que existe tras as exportacións de material bélico e pregúntase pola ética dun negocio baseado na morte

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Entre tanto frenesí xornalístico, de Cataluña a París, case se me pasa felicitar ao rei emérito, Juan Carlos, que este fin de semana celebra corenta anos da primeira vez que se colocou a coroa. Tal día como hoxe de 1975 morreu “o anterior xefe de Estado”, activáronse as “previsións sucesorias”, e 48 horas despois o novo rei xurou ante as Cortes franquistas.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADE
    Na reunión que a Xunta de Persoal tivo con Daniel Pena, o candidato a reitor sinalou que o seu programa tiña catro apartados esenciais: Xestión, Docencia, Investigación e Sociedade. Subliñou como aspecto negativo e transversal a estes catro apartados a burocracia. Analizar este criterio para nós é moi importante porque, aínda que non o desenvolveu na reunión pode esconder a base argumental para a aplicación das políticas neoliberais que poida ter previstas para a Universidade.
 LEXISLACIÓN
    No Boletín Oficial do Estado número 276, do 18 de novembro de 2015, publícase a Resolución do 3 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se establece o calendario de días inhábiles no ámbito da Administración Xeral do Estado para o ano 2016, a efectos de cómputos de prazos.
 IMPERIALISMO
    Ao igual que no 11-S, os atentados de París convertéronse no pretexto para unha nova fase da Guerra Imperialista. Tanto dende a óptica da intervención militar como da perspectiva do recorte dos dereitos civís e políticos a vítima silenciosa desta operación global é a democracia. E por suposto as traballadoras e traballadores que seguen a se estampar contra os moitos muros da vergoña que se espallan polo mundo, ao tempo que o Capital exercita políticas xenófobas e convoca á sociedade civil ao racismo e ao medo ao "Outro".
 CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
    Baixo o lema "Paremos o Feminicidio", a Marcha Mundial das Mulleres convoca en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, actos de denuncia e reivindicación para este 25 de Novembro Día Internacional Contra a violencia Machista. Pola súa parte o grupo de mulleres organizadas en Contra a Violencia Machista Acción Feminista da Coruña convoca no Obelisco concentración polo mesmo motivo.
 INSTITUCIÓNS
    A cantidade de horas en reunións, debates, chamadas de teléfono, (con e sen whatsapp), asembleas, emails, informes… que miles de militantes de esquerda dedican ao feito electoral, darían case para xuntalas e asaltar, por fin, o Palacio de Inverno máis próximo.
 LINGUA - ProLingua
    Parece incrible, pero se na plataforma apartidaria ProLingua non entendemos mal a noticia, a Xunta vén de abrir unha enciclopedia virtual sobre o Camiño de Santiago na que se exclúe o galego. Chámanlle Xacopedia
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        O NEGOCIO DAS GUERRAS

         
          FLOTA DO CERCO

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript