Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293 - 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Votación da proposta de modificación da RPT e calendario de promocións

O pasado día 12 o PAS exerceu, mediante voto electrónico, o seu dereito a decidir sobre dous aspectos esenciais á hora de definir o futuro do colectivo. Por unha parte, o modelo organizativo único. Por outra parte, un calendario de promocións que posibilitará que se cumpran as expectativas de mellora para unha importante porcentaxe de traballadores e traballadoras.

 

 

O modelo organizativo determinará os procedementos para a cobertura das prazas, tanto en promoción como en concurso de méritos ou en comisión de servizo. Establece, tamén un modelo único de acceso por quenda libre que queda limitada ás prazas do grupo e nivel máis baixo de cada escala facilitándose, deste xeito, a promoción ao 100% tal e como se ven realizando na escala xeral.
 
O resultado das votacións puxo de manifesto dúas cuestións sobre as que é imprescindible reflexionar:
 

·         418 votos parécennos poucos. Ao noso entender, a relevancia da proposta que se sometía a votación debería impulsar a que houbera máis participación.

 

·         A pesar do sinalado nas asembleas nas que recalcamos as eivas da proposta que se sometía a votación, consideramos que o alto número de votos negativos é outro factor que require ser analizado.

 
Tamén axudaría, para coñecer que aspecto foi o que levou a ese alto número de votos en contra, que a consulta recollese a modificación da RPT e a proposta de calendario de promocións separadamente, facendo dúas preguntas
.Tomamos nota para posteriores consultas.
 
Aínda que a decisión está tomada, seguimos abert
@s a debater sobre as diferentes posicións que levaron a que tantas compañeiras e compañeiros rexeitasen a proposta.
 
Feitas estas consideracións temos que sinalar que, ao noso parecer, dificilmente se conseguiría xuntar en asemblea ás 418 compañeiras e compañeiros que exerceron o seu dereito a votar, polo tanto entendemos que, despois de realizar as asembleas a que haxa lugar, o voto electrónico é o mellor xeito que, neste momento, podemos habilitar para tomar decisións que nos afecten como colectivo.
 
A Xunta de Persoal e o colectivo, temos agora a responsabilidade e a obriga de forzar a quen corresponda a que leve a efecto a decisión tomada e o acordo acadado.

Todo o proceso na páxina da Xunta de Persoal

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript