Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293 - 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

O movemento antidesafiuzamentos presentou unha proposta de moción no Parlamento Galego

Os grupos STOPs/PAHs de Galiza realizaron, este día 10 de novembro o acto de rexistro e contacto no Parlamento Galego cos grupos, para a presentación dunha Moción Parlamentaria que con carácter xeral esta-se a presentar, adaptado ás circunstancias en cada territorio, no conxunto do Estado.

 

  • Noticias relacionadas

 

O documento de "Exisencias PAHs/STOP" desenvolve estes cinco puntos:
 
1. Dación en pago retroactiva. Mecanismos de segunda oportunidade, condonación da débeda, liberar aos avales e eliminar as cláusulas abusivas.
2. Aluguer estable e asequible. Modificar a lei para que os contratos do aluguer sexan máis estables e seguros.
3. Vivenda accesible. Paralización dos desafiuzamentos e creación dun parque de vivenda público de vivenda a través da mobilización da vivenda baleira.
4. Subministros básicos garantidos. Evitar cortes e responsabilizar ás subministradoras.
5 Creación dun observatorio da Vivenda.
 
Estaremos ese Martes 10 de Novembro en Compostela, representando á nosa Comarca.
 
Moción Parlamentaria en formato pdf | Acceder/Baixar.
 
Si se Pode !! |Saúde e Vivenda Digna !!

 
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
 
Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
 
Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
 
Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
 
Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript