NÚMERO 293 - 16/11/2015
CUTUDC / Novidades
Nas últimas semanas, en distintos medios de comunicación, case ao unísono, publicáronse artigos que advirten dos riscos que se cernen sobre o actual sistema público de pensións e chaman a realizar unha nova reforma.
Segundo os
articulistas, o déficit do sistema crecerá polo
aumento do número de pensionistas e a diminución da
poboación activa, (mellor deberían dicir polo
aumento do paro e a saída do mercado laboral de
moitas persoas sen expectativas de emprego, como
proban as últimas enquisas de poboación activa).
Afirman que os ingresos da Seguridade Social non
aumentan de acordo coas necesidades, o que obriga a
meter man na "hucha das pensións", que se reduce
con cada paga extraordinaria.
A conclusión obvia para estes "expertos" é que
se necesita unha nova reforma para evitar a quebra
do sistema. Dito doutra forma: hai que reducir a
contía das futuras pensións, e aumentar, se fose
posible, a idade de xubilación, ou acelerar o tempo
para que a xubilación sexa aos sesenta e sete anos.
Ocúltase, de paso, que os parados de longa duración
veríanse sometidos así a prestacións moi reducidas,
cuxa continuidade non estaría garantida.
Pola nosa banda, queremos facer algunhas
precisións a este discurso, supostamente
científico:
1ª) Os ingresos do sistema de pensións da
Seguridade Social proceden das cotizacións dos
empregados e da cota patronal. Establecéronse
mecanismos para reducir a cota patronal, a chamada
"tarifa plana"; tamén para reducir salarios, con
descolgues de convenios, contratos a tempo parcial,
etcétera, co que se reduce a cotización obreira. Se
se manteñen os salarios sen baixalos, anúlanse
medidas como a tarifa plana e deféndese o emprego
estable, os ingresos aumentarán.
2ª) A poboación activa non ten por que diminuír.
Pode aumentar, a pesar do envellecemento,
facilitando a incorporación das mulleres ao mercado
laboral, mediante a recuperación e nova creación de
servizos públicos de "coidados": garderías e
unidades de ensino infantil nos centros escolares
públicos, atención a dependentes, comedores
escolares, etcétera.
3ª) Pode deterse o envellecemento, que se debe
fundamentalmente á diminución da natalidade,
protexendo a maternidade con medidas como
subvencións fiscais, axudas por fillos menores de
idade, permisos de maternidade e paternidade
retribuídos, reserva de postos de traballo ou
garantía de emprego aos pais. Falta vontade
política, e sobra afán de concentrar a riqueza en
mans duns poucos, mediante rescate dos bancos e
subvencións de todo tipo ás empresas, incluíndo as
rebaixas do Imposto de Sociedades.
4ª) As pensións non contributivas deben pagarse
integramente dos Orzamentos Xerais do Estado.
5ª) Os ingresos procedentes da persecución a fraude
fiscal, se esta se fixese con rigor, bastarían para
asegurar dabondo o sistema de pensións.
6ª) Os ingresos públicos por IRPF subirían se se
eliminasen as deducións por cotizacións a plans
privados de pensións.
7ª) En calquera caso, e mentres persista o déficit
do sistema, cada ano debe consignarse nos
Orzamentos do Estado unha dotación suficiente para
equilibrar as contas.
Os obxectivos dos "expertos" agoreiros, financiados
por bancos, fondos de pensións, aseguradoras e
patronais, son dous:
1) promover o crecemento dos plans de pensións
privados e
2) diminuír as achegas patronais á Seguridade
Social, para reducir os custos salariais.
Pola súa banda, o obxectivo dos pensionistas,
actuais e futuros, debe ser asegurar o dereito a
unha pensión digna, que manteña a súa poder
adquisitivo.
Fronte a quen, na próxima reunión do Pacto de
Toledo, o próximo ano, promoven unha nova reforma
que agravaría a situación dos futuros pensionistas,
e tamén dos actuais, esiximos a derrogación das
reformas de Rodríguez Zapatero e de Mariano Rajoy,
e que as pensións recuperen a revalorización anual,
conforme ao IPC.
PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS
PENSIÓNS PÚBLICAS Santa Cruz de Tenerife, ao 9
de novembro de 2015
Canariassemanal.org
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript