Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293 - 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  SISTEMA CORRUPTO
 

Once altos cargos do estado usaron a “porta xiratoria” en 2015

A actividade privada abriuse para once exmembros do goberno e altos cargos da Administración Xeral do Estado antes dos dous anos de marxe que marca a lei. O portal da transparencia recolle as autorizacións vixentes para regular a transición do público á empresa privada, un fenómeno que recolleu numerosos exemplos do que se coñece por portas “xiratorias”.

 

  • Noticias relacionadas

 

Alberto Ruiz Gallardón, ex ministro de xustiza e recentemente saído do Consello Consultivo de Madrid, é o que máis autorizacións conseguiu nesta quenda de fuxida ao privado: será profesor axudante na Universidad Internacional de la Rioja, estará en nómina da consultora especializada en conferencias Thinking Heads e poderá, por último, exercer a avogacía.
 
O permiso máis recente para dar o salto ao privado quedouse para o expresidente de RTVE, Leopoldo González-Echenique, que se marcha ao bufete internacional Herbert Smith Freehills. Con todo, desde marzo de 2015, o que fose responsable de boa parte da caída de audiencia de TVE estaba xa en nómina da consultora Everis.
 
Tamén en setembro obtivo a súa autorización a exdirectora xeral do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), Susana de la Sierra. A xurista dimitiu do seu cargo en 2014 pola “falta de vontade política” de Cristóbal Montoro, ministro de Hacienda, de cumprir coas promesas ao sector do cinema. Agora poderá ser membro do consello editorial de Ajenda Pública, a editora del Diario.
 
A porta perfecta
 
Desde o Ministerio de Defensa, no principio do ano, tivo lugar un salto ao privado que encarna a sublimación da porta xiratoria. O exxefe do Mando del Apoyo Logístico del Ejército del Aire Fernando Sancristán, conseguiu en medio ano fichar por tres empresas: Tecnobit, Bess-Beyond Soluciones y Servicios e Hornet Consulting. As dúas primeiras traballan no ámbito da defensa, e a terceira é unha consultoría especializada en loxística, enerxía, petróleo e derivados, entre outras materias.
 
Un dos nomes máis ilustres neste ‘equipo’ é o exfiscal xeral do estado Eduardo Torres-Dulce, que pasou ao despacho de avogados Garrigues sen cumprir o prazo de dous anos de incompatibilidade despois do seu cesamento. Tras coñecerse a decisión da Oficina de Conflitos de Intereses, dependente do Executivo de Mariano Rajoy, de permitir este traballo ao exfiscal, a Asociación Profesional Independiente de Fiscales (APIF) cualificou de enormemente “preocupante” os feitos.
 
O ex subsecretario da Presidencia ata xuño, Jaime Pérez Renovales, pasará a traballar para Banco Santander. Tras a familia Botín hai un segundo banco que se fai cun alto cargo en 2015: o Banco Sabadell queda, nin máis nin menos, que coa exconselleira da Comisión Nacional del Mercado de Valores, Ana Isabel Fernández.
 
César Augusto Miralles, procedente de Industria, dedicará a súa experiencia para asesorar a centros de arte, cultura e turismo do Cabildo de Lanzarote. José Ripoll, expresidente da autoridade portuaria de Alacante, pásase a un despacho de avogados e economistas. Doutra banda, unha nova saída aos despachos xurídicos foi a do exdirector xeral de artes e bens culturais, Jesús Prieto.
 
Estas once portas xiratorias súmanse ás 12 que o portal da transparencia publicou o pasado ano. Segundo dita a lei que regula os conflitos de intereses, durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento os altos cargos non poden desempeñar os seus servizos en empresas ou sociedades privadas “relacionadas directamente coas competencias do cargo desempeñado”. É dicir, ditáronse resolucións en relación con esas empresas ou interviñéronse en sesións de órganos colexiados nos que se adoptaron esas resolucións.
 
Axencias/Prensa. Recollido de Kaosenlared.net

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript