Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293 - 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  AGROTÓXICOS
 

Gaña Monsanto: Europa renova o seu visto e prace ao glifosato

A Axencia Europea para a Seguridade Alimentaria publicou hoxe o seu informe de reevaluación do glifosato, no que conclúe que “é improbable que supoña unha ameaza carcinóxena para os seres humanos” a pesar do último informe da Axencia Internacional de Investigacións sobre o Cancro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Como estaba previsto, a Axencia Europea para a Seguridade Alimentaria (EFSA) publicou hoxe o seu informe sobre o glifosato, o herbicida máis comercializado do mundo. Neste informe de reevaliación, que será a base para que a Comisión Europea renove o permiso de comercialización desta sustancia a partir do 1 de xaneiro, a EFSA considerou que “é improbable que sexa genotóxico ou que supoña unha ameaza carcinóxena para os seres humanos”.
 
A axencia europea chegou a esta conclusión a pesar do último informe da Axencia Internacional de Investigacións sobre o Cancro (IARC), que en marzo deste ano clasificou esta sustancia como “un probable carcinóxeno para o ser humano”, en base a un metaestudio que mostrou “fortes evidencias” de que provoca cancro en animais de laboratorio.
 
Ler: Atreverase a Unión Europea a prohibir o glifosato?
 
As organizacións ecoloxistas, que levan anos denunciando o seu perigo tanto para a saúde como para o medio ambiente, tiñan poucas esperanzas de que a EFSA tivese en conta as novas evidencias, debido, segundo denuncian, aos enormes intereses económicos que xiran arredor desta sustancia do xigante dos agronegocios Monsanto, que se usa como herbicida en millóns de hectáreas de terras agrícolas e tamén en cidades, en parques e xardíns, en miles de quilómetros de estradas e vías férreas, e tamén en produtos de xardinería para particulares, entre outros usos.
 
A EFSA considera que as diferenzas entre as súas conclusións e as da IARC débense a que a axencia internacional sobre o cancro estudou o glifosato segundo as súas distintas fórmulas comerciais, nas que está mesturado con outros químicos, mentres que a axencia europea estudouno só no seu estado puro, illado dos elementos que o acompañan nos produtos pesticidas nos que se comercializa. De feito, a EFSA recoñece a posible toxicidade do glifosato na súa formulación comercial, e propón que “a toxicidade de cada formulación de pesticida e en particular o seu potencial xenotóxico deberían ser considerados posteriormente polas autoridades dos Estados membros cando reevalúen os usos das formulacións baseadas no glifosato nos seus propios territorios”.
 
En base ás súas conclusións, a EFSA engade no seu informe que “non se propón a clasificación de carcinóxeno para o glifosato baixo a regulación de clasificación, etiquetaxe e empaquetado de sustancias químicas da Unión Europea”, e por tanto, previsiblemente continuará sendo legal nos Estados membros, a pesar de que algúns deles, como Francia, xa decidiron limitar a súa venda ao público debido ao seu posible perigo, e o seu uso foi eliminado por numerosas localidades tamén en España, e substituído por alternativas verdes.
 
En calquera caso, a EFSA concluíu que é necesario “redefinir” a toxicidade do glifosato, pero propuxo que a cantidade máxima que podería inxerir unha persoa a través do consumo de produtos agrícolas pase de 0,3 a 0,5 miligramos por cada quilo de peso corporal. Esta redefinición realizarase en 2016 en colaboración cos Estados membros.
 
Diagonal Periódico

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript