Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293 - 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA OS RECORTES
 

Folga en Grecia contra as políticas antiobreiras do Goberno e a Troika

A xornada convocouse para rexeitar as políticas de recortes sociais impostas polo Goberno de Alexis Tsipras e a Troika.

 

  • Noticias relacionadas

 

Un grupo de organizacións obreiras e sindicatos realizaron este xoves unha folga nacional xeneral de 24 horas en Grecia, que vén acompañada de accións de protestas contra as políticas implementadas polo Goberno do primeiro ministro Alexis Tsipras.
 
Trátase da primeira protesta convocada desde que o líder de Syriza asumiu o Goberno no mes de xaneiro.
 
Á xornada sumáronse diferentes sectores afectados polos recortes, entre eles: pensionistas, traballadores de educación primaria e secundaria, mariñeiros, hospitais e avogados.
 
Tamén se suman traballadores de aeroportos rexionais, xornalistas, entre outros sectores.
 
Durante este xoves, todas as institucións estatais e municipais, hospitais e farmacias tiveron as súas portas pechadas. Só se ofreceron os servizos mínimos de emerxencia.
 
O horario de traballo do transporte público foi restrinxido e interrompéronse as comunicacións ferroviarias e marítimas, ademais da cancelación de máis de 30 voos internos.
 
A folga xeral foi apoiada polos principais sindicatos dos traballadores dos sectores estatal e privado ADEE e GSEE, o sindicato comunista PAME.
 
LibreRed

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript