Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293- 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Incrible
O plan de financiamento que se negociou coa Xunta non parece que vaia permitir alegrías no gasto, tampouco parece que a universidade pase por un bo momento económico. Resúltame incrible a proposta de promocións que se vai votar. A estas alturas da película non creo que sexa positivo que nos creemos falsas expectativas. Non participarei neste engana bobos.

Carta na mesa presa
Momento coma este para pactar melloras para todos non teremos ata dentro de catro anos, todo o que se acorde, como se fixo até agora, ten a presunción de que se vai cumprir, polo tanto sería unha neglixencia inxustificable que non se avance comprometendo aos que gobernen despois das eleccións.

Principio de Arquímedes
Di o principio de Arquímedes que "Todo corpo somerxido nun fluído experimenta un empuxe vertical cara arriba igual ao peso do fluído desaloxado", o que é o mesmos, todo candidato a reitor somerxido en campaña electoral experimenta un empuxe cara á aceptación das reivindicacións igual á súa necesidade de votos. Máis claro, auga.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript