Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293 - 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A patronal gaña a batalla salarial. Un terzo dos traballadores non alcanza os 1.000 €

O mapa salarial que debuxa o último informe do Instituto Nacional de Estatística é realmente desolador. Nel queda plasmado claramente como a patronal está a gañar de maneira irresistible a batalla salarial.

 

  • Noticias relacionadas

 

     Segundo o mesmo, preto dun terzo dos asalariados españois non chega a cobrar 1.000 € ao mes. No caso específico das mulleres a cifra é aínda máis alta. Máis do 40% delas non chega a mileurista,  é dicir ten un salario mensual inferior aos 1.200 €.
 
     Da poboación asalariada, os mellores colocados alcanzan o 30%, cobrando máis de 2.173 € mensuais. O 40% do total dos asalariados atópase situado entre as dúas cotas sinaladas.
 
       Segundo o Instituto nacional de estatística, o salario medio en España é de 1.881 euros, mentres o salario mediano (é dicir, aquel que está no punto medio da distribución, deixando ao carón ao 50% do mercado) é de 1.602 euros.
 
      O salario medio creceu o 0,65% e o mediano o 0,1%, o que implica que os salarios máis altos crecen máis rápido que os baixos.
 
      Por outra banda, o informe do  INE  agrega que o 10% da poboación asalariada cobra menos de 655  euros ao mes. o 15% das mulleres atópase situada tamén nesta franxa.
 
      O 10% dos asalariados con máis soldo cobra máis de 3.353 euros.
 
      Son 4,27 millóns de empregados os que se atopan nos tres deciles inferiores do mercado de traballo, segundo os datos dados a coñecer polo INE, correspondentes a 2014.
 
Canariassemanal.org

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript