Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293 - 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
 

Reunións Función Pública-sindicatos

Sindicatos e Función Pública reuníronse o pasado día 9 para falar, entre outras cousas de: OEP2016, RPTs, procesos selectivos persoal funcionario, concursos, permisos, contratación temporal...A xunta continúa coa súa dinámica habitual de usar estas reunións non para acadar acordos, senón para informar das decisións tomadas

 

  • Noticias relacionadas

 

Un exemplo claro deste comportamento é que nesa xuntanza do día 9 comunicouse a reunión da Mesa Xeral e da Comisión de Persoal, para o mércores, día 11, advertindo que na Comisión de Persoal se tratarían as modificacións dos temarios para as oposicións de persoal funcionario nos que se contemplarán as modificacións da Lei de Procedemento, Lei de Réxime Xurídico e EBEP, trasladando aos sindicatos (dous días antes da reunión) as modificacións que propoñen e que sen dúbida sairán adiante pois tamén anunciaron que a modificación se remitiría ao DOG o venres, día 13.
 
Sobre a OEP sinalan que aínda é moi cedo para falar dela. Nas súas previsións sinalan que enviarán o borrador entre febreiro e marzo do 2016 e prevén publicala no primeiro trimestre.
 
Modificacións nos temarios:
 
Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, quenda libre
Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, promoción interna
Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, quenda libre
Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, promoción interna
Corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, quenda libre
Corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, promoción interna
Corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, quenda libre
Corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2,promoción interna

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript