Novembro de 2015
 
 

NÚMERO 293 - 16/11/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Desde o ano 2008 ao 2012 a UDC perdeu un 17% do financiamento

Non é a primeira vez que Feijoo sinala, ben nos debates da Cámara ou nos medios de comunicación, cousas como que “as universidades galegas son as mellor tratadas do estado”. O Tribunal de Contas, no informe de contas do ano 2012, desmente unha vez máis ao presidente da Xunta ao sinalar que as universidades galegas perderon en catro anos o 17 % dos seus ingresos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non é o único dato que pon de manifesto o desmantelamento das Universidades Públicas Galegas que o PP está a realizar desde que goberna na Xunta.
 
O mesmo Plan de Financiamento saca á luz o recorte de persoal que ano tras ano se ven realizando na universidade cando sinala que:
 
EVOLUCIÓN DO PAS 2005-2013
 

2005-06

2006-07

2007-08

2008-09

2009-10

2010-11

2011-12

2012-13

A Coruña

759

755

768

804

754

758

758

747

 
No informe do Tribunal de Contas sinálase que a Universidade da Coruña perdeu, desde o ano 2008 até o ano 2012 3,6 millóns de euros de financiamento propio (o que supón un 17, 8%) e un total de 21,6 millóns de euros de financiamento alleo, é dicir, case un 17 %. En total, unha caída de 25,2 millóns de euros, un 17%.
 
Neste contexto só caben dúas posibilidades, unha universidade submisa que acepte de bo grao a súa paulatina desaparición (posición pola que parecen optar os grupos que apoian a Daniel Pena
) ou rebelarse e mostrarlle a Feijoo e á súa camarilla que non estamos dispostos a permitir que desapareza o servizo público que representamos. Temos que salientar tamén a posición timorata que diante desta situación mantivo o actual equipo de goberno desta universidade

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript