Somos un sindicato asembleario que participamos nunha candidatura (APA), tamén asemblearia. Consideramos, polo tanto, que as asembleas son o eixo da nosa acción sindical. Contrastamos pareceres, consensuamos e tomamos postura nas asembleas. Non obstante tamén consideramos que para a toma de decisións que afectan a todo o colectivo debemos habilitar os medios necesarios para que ningún traballador/a poida ver menoscabado o seu dereito a ser partícipe na toma de decisións. Os medios telemáticos permítennos hoxe, dun xeito sinxelo, o que antes requiría urna e tempo para o desprazamento ao lugar de votación.
O investimento na sanidade española en 2012 representou a metade do investido en 2005, segundo un informe sobre a saúde publicado por a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), ao que pertencen 34 países de todo o mundo. España ocupa os último lugares en case todos os índices en que se basea o estudo, denominado ‘Health at a Glance 2015‘.
A organización FACUA-Consumidores en Acción informa dunha nova subida do custo da electricidade, que encareceu a factura da luz do usuario medio un 6,3% durante os dez primeiros meses de 2015 en relación aos mesmos meses de 2014, e denuncia que o novo sistema de facturación imposto polo Ministerio de Industria, coa tarifa variable segundo a hora do día, provocará maiores subidas ao pagarse máis cara a electricidade nos horarios máis habituais de consumo.
Motivos sobran para a súa petición de incremento urxente de persoal. O PP, e Feijoo en especial, fixo da redución de persoal público un obxectivo prioritario. Entre o 2009 e o 2014 o sergas reducíu persoal en 2094 traballadores, un verdadeiro ERE do 6% da plantilla.
Di o tópico do xornalismo sensibleiro que detrás das cifras hai persoas con nome e apelido, e que os grandes números (o mesmo do paro que de accidentes de tráfico) impídennos ver a “dimensión humana”. Pero no caso dos refuxiados que chegan a Europa, nin por esas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript