A negociación da RPT, iniciada o pasado ano, percorreu neste espazo temporal un camiño cargado de tensións. A un radical desacordo debido á imposición por parte da Xerencia de condicións que imposibilitaban o máis mínimo acercamento sucedeu un principio de acordo fundamentado, esencialmete no retorno aos postulados iniciais da negociación.
O Foro Galego da Inmigración, xunto a outros colectivos sociais, bota a andar a III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras con actividades en diferentes localidades.
O informe da contratación estatal de 2012 do Tribunal de Contas denuncia irregularidades en todos os ministerios. Analiza 377 contratos de entre os de maior prezo. Destaca o uso do negociado para formalizar acordos previos cun empresario e a falta de publicidade e xustificación.
Os sindicatos de traballadores dos ferrocarrís franceses volveron a saír á rúa para denunciar a política do Goberno francés de desmantelamento do servizo público ferroviario e a perda de dereitos adquiridos.
Queriamos deixar de ser mercadoría a mans de políticos e banqueiros, pobres de nós, e servíronnos tres cuncas que a varios miles subíronselles á cabeza. Ás súas ferraduras imos acabar atados, se nos descoidamos. O programa económico "realista" do neoliberalismo conseguiu récords de desigualdade en tempo de plusmarca. Non podemos dar máis tempo a que sexa derrotada nas urnas a roña cidadá que non ten empacho en votar a corruptos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript