Número 290 - 26 de outubro de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Resumo do Consello de Goberno do día 27 de outubro de 2015

Na sesión do día 27, o Consello de Goberno aprobou a Oferta de Emprego Público (OEP) de PAS funcionario do ano 2015. Como sabedes, por primeira vez desde o comezo dos recortes, a OEP, contempla o 50% da taxa de reposición, é dicir, cóbrense a metade das vacantes producidas no ano 2014. Tamén se nos comunicou que a restitución do 26,23% da extra de 2012 se realizará na nómina de novembro. Unha vez máis instamos ao reitor e ao xerente a non recorrer ao emprego precario que ofrece o Ministerio para dar resposta ás necesidades de persoal, como veñen facendo cada ano na Sección de Bolsas.

ORZAMENTOS 2016

Seguen os recortes

    A Xunta anuncia a bombo e prato que, os orzamentos de 2016 contemplan un incremento do salario e complementos do persoal ao servizo da administración autonómica (e das universidades) nun 1%. Nin este miserable incremento, incluso inferior ao acordado cos sindicatos do sistema para os traballadores/as do sector privado (1,5%), nin a restitución do 49,73% que se nos devolverá do recorte da paga extra de 2012, enxugará o recorte, que novamente Feijoo impoñerá no 2016 nas nosas pagas extra.

 UNIVERSIDADE
    O vindeiro 27 de outubro realizarase unha nova sesión do Consello de Goberno, dentro da orde figura como punto nº 4 “Informe sobre a Resolución reitoral pola que se convocan eleccións á Reitoría” punto do que vos facemos un resumo.
 STOP DESAFIUZAMENTOS
    Este mesmo mércores, a Plataforma de Afectados polas Hipotecas (PAH) lanzaba a campaña “A SAREB é nosa” co obxectivo de “destapar unha estafa”, a do acumulo por parte da SAREB ou ‘Banco Malo’ de máis de 100.000 vivendas baleiras, procedentes do rescate público da banca, que non se están pondo a disposición das familias necesitadas senón que se manteñen pechadas con fins especulativos.
 LABORAL
    A Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada a semana pasada é contundente: en paro e en emprego, Mariano Rajoy apenas mellorou a herdanza recibida de José Luís Rodríguez Zapatero.
TRABALLO E BENESTAR

    As traballadoras e traballadores da Consellaría de Traballo e Benestar que veñen de gañarlle á Xunta o terceiro conflito colectivo consecutivamente, contra a falta de negociación das carteleiras de traballo dos centro de atención directa de política social da Xunta de Galicia, acordaron un novo calendario de mobilizacións.

MARCHAS DA DIGNIDADE

    O movemento das Marchas da Dignidade realizou nestes días mobilizacións no estado español. As rúas de varias cidades do país foron escenario de protestas contra as políticas do Goberno e de demandas polos dereitos sociais e o fin dos recortes. Os manifestantes marcharon baixo o lema 'Pan, traballo, teito e dignidade'. Non queremos un sistema supeditado aos intereses financeiros.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Cando alguén publica as súas memorias, un tremor percorre aos seus coñecidos: “¿falará de min?” O día D, amencen nerviosos á porta da libraría, esperando a que abra para coller o primeiro exemplar e rebuscar entre as páxinas o seu nome. Non respirarán aliviados ata comprobar que foron lembrados con agarimo, ou directamente esquecidos. Uf.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 18:30 até as 19:30 horas (para poder asistir á concentración que se realizará, ás 20 h. no Obelisco contra o último crime machista). Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 CALENDARIO LABORAL 2016
    O DOG do 24 de xullo de 2015 publicaba o DECRETO 103/2015, do 15 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2016. No BOE do 22 de outubro de 2015 publicouse a “Resolución de 19 de octubre de 2015, de la Dirección General de Empleo, por la que se publica la relación de fiestas laborales para el año 2016”.
 A TÚA SAÚDE EN PERIGO
    O presidente da Organización Médica Colexial (OMC), Juan José Rodríguez Sendín, criticou o tratado de libre comercio que están a negociar “de forma opaca” a Unión Europea e Estados Unidos xa que pode abrir a porta a unha “progresiva privatización” da sanidade e “pór en risco a saúde dos cidadáns”.
 SERVIZOS PÚBLICOS
    A transferencia masiva da xestión de servizos públicos cara a empresas privadas sustentouse nun gran engano argumental. A clase política institucionalizada deu por suposto, co apoio incondicional dos altofalantes mediáticos do poder económico, que a xestión privada resultaba máis barata que a pública e que era máis eficiente, áxil e de mellor calidade, fronte á suposta lentitude e desidia das estruturas burocratizadas.
 LINGUA
    Valentín García é o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza. Conversamos con el sobre o caso de Jungle World, que lles remitiu ás traballadoras unha circular na que se lles informa da exclusión do galego nas actividades deste centro infantil.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     

       
        A MACHADA. METÁFORA

         
          ACAPPARADORE$$$

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript