Maio de 2010
 
 

12/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Zapatero aununciou hoxe un axuste duro ao que temos que dar unha resposta contundente.

  •  

O primeiro que queremos deixar claro é que na Universidade da Coruña defendemos, e defenderemos, que se respecten os acordos salariais subscritos polo persoal funcionario e o Convenio Colectivo do persoal laboral.

 

 

Xa referente á noticia do día:

 

As políticas artelladas na pasada fin de semana, e que fixeron subir a bolsa até límites que din históricos, contentan ao capital e estanse a poñer en práctica no estado español de xeito “progresivo”.

O primeiro compromiso do goberno foi o de recortar o deficit público. Para facelo tiña dúas opcións: unha reforma fiscal profunda para meter a man nas contas dos poderosos ou dispoñer que os traballadores paguen a crise; isto é, recorte en investimentos, en soldos, en pensións, suba do IVE e reforma laboral. Era evidente que o goberno do PSOE ía optar pola segunda opción.

 

Zapatero mostrou o seu verdadeiro rostro, anunciando un duro paquete de medidas de corte neoliberal que fará recaer a crise do capital esencialmente sobre os traballadores públicos e os pensionistas, para satisfacción dos distintos voceiros do capital no ámbito internacional: a UE, o FMI e os gobernantes europeos.

 

As  medidas adoptadas sufrirémolas os de “abaixo”,  mentres que a banca, os especuladores e os que se forraron en tempos de bonanza, os culpables da crise,  vanse de rosiñas. Agardamos que os sindicatos maioritarios, ate agora escondidos debaixo das mesas, tomen nota do anunciado.

 

A primeira gran medida anunciada por Zapatero é a da rebaixa media do 5% no soldo, desde o mes de xuño, dos empregados públicos que afectará ás tres administracións -central, autonómicas e locais-. Os salarios públicos, ademais, conxelaranse en 2011 coa baixada deste ano consolidada.

Reducindo salarios non se soluciona o problema, a crise económica, xeradora do desemprego, non ven provocada nin polas supostas rixideces do mercado laboral (máis de 4.600.000 parados así o manifestan), nin polos mileuristas salarios dos traballadores/as da administración pública.

 

No referente á administración pública, o comunicado polo Presidente do Goberno incumpre os acordos, xa paupérrimos (0,3% para o ano 2010…),  cos sindicatos maioritarios.

 

Non é a primeira vez que os enganan. Nos orzamentos do estado para este ano prevíase unha taxa de reposición de vacantes do 15% (de cada 100 traballadores que deixaban a administración, por xubilación…, cubríanse, sómente, 15), no anuncio, en marzo, da oferta de emprego público, esa taxa pasou ao 10% sen que os sindicatos dixeran nin “mu".

Se o goberno impón estas medidas. Que deixa para negociar cos sindicatos?.

 

A desmobilización que neste proceso nos impuxeron eses sindicatos que pretendían o reparto dos efectos  da crise que, insistimos non é culpa dos traballadores/as,  posibilitou que, debilitados, se nos impoñan as receitas máis duras. Se non reaccionamos agora non o faremos nunca!.

 

Agardamos que esa reacción sexa inmediata e se convoquen  mobilizacións, que non sexan só testemuñais,  acordes coa gravidade do que se nos aveciña.

 Temos que facer realidade un clamor popular: que a crise a paguen os que a crearon!.

Dixémolo por activa e por pasiva:

 

FAI  FALTA XA UNHA FOLGA XERAL!

 

Regalo de Zapatero ao FMI, empresarios, especuladores, gobernantes europeos...

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript