Maio de 2010
 
 

10/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

As empresas aforran 80.500 empregos coas horas extras que non pagan

 

 

As horas extraordinarias que os traballadores realizan cada semana e que non son remuneradas polas súas empresas equivalen á xornada habitual de 80.580 asalariados, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

 


 

En concreto, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre do ano mostran que as empresas non pagan cada semana un total de 2.715.600 horas extras realizadas polos seus empregados.

Tendo en conta que cada semana un asalariado traballa de media 33,7 horas, o total de horas extra non remuneradas supón cubrir 80.581,6 xornadas de traballo. A estas horas extra que as empresas non pagan aos seus empregados súmanse as 3.438.500 que si están remuneradas e que supoñerían un total de 102.032,6 xornadas de traballo.

Do total de horas extra que os asalariados realizan cada semana só o 55,9% están remuneradas, mentres que polo 44,1% restante os traballadores non reciben ningunha paga adicional.

Cada semana, 323.400 asalariados que fan horas extra (o 44,9% do total) non son recompensados economicamente pola súa empresa por este tempo adicional, aos que se suman outros 34.000 que só perciben o pagamento dunha parte.

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript