10/05/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
ONG de todo o mundo piden en Madrid que Europa lidere a loita contra a pobreza. A crise financeira, aseguran, "non" pode servir "de escusa" para deixar de facelo.
A fame no
mundo remataría con destinar apenas un 1% do
achegado polos gobernos a rescatar aos bancos
na actual crise financeira, que non pode servir
de escusa" para erradicar a pobreza.
Esta é unha das principais conclusións dun
manifesto elaborado por uns 200 representantes
de ONG de todo o mundo, que concluíron hoxe en
Madrid o Encontro Obxectivos do Milenio e
coherencia de políticas. Esixencias cara a
2015.
Esta
actividade serviu para establecer un
posicionamento conxunto das ONG antes de que o
próximo mes de setembro se celebre en Nova York
(Estados Unidos) a Reunión de Revisión dos
Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM)
de Nacións Unidas. Os expertos reclamaron a
Europa, primeiro doador mundial de axuda ao
desenvolvemento, que lidere un plan de
reactivación dos ODM, aprobados por 189 países
en 2000 co fin de erradicar a pobreza en 2015.
"Os recursos
destinados polos gobernos en
"Non" hai
"escusas para non alcanzar os ODM, máxime
cando, por primeira vez na historia, contamos
cos recursos para erradicar a pobreza," engade.
Ademais, as ONG solicitaron que aumente a
cantidade de axuda ao desenvolvemento ao
0,7% do PIB ata 2015 e tomar medidas
concretas para que os dereitos humanos e a
igualdade de xénero sexan garantidos en todas
as iniciativas de desenvolvemento dos países
pobres que se leven a cabo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript