Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 289 - 19/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Eleccións a reitor. Acabou unha época?

Despois de 12 anos de goberno de Nova Luce parece que o ciclo pode estar próximo a concluír. Temos que sinalar que tanto na época de Barja como na de Armesto a política desenvolvida foi en moitos aspectos semellante á do seu antecesor Meilán, de infausta lembranza para o PAS. O interese por manterse no cargo primou sobre a implantación de políticas progresistas, resultando favorecidos os mesmos que na época anterior.

 

  • Noticias relacionadas

 

Durante estes últimos doce anos funcionou o pesebre, tanto como funcionaba antes:  
 

E moito máis que poderiamos sinalar da bagaxe de todos estes anos.
 
De todos os xeitos non vai ser isto o que lles faga caer da poltrona. Todo isto faríao de igual ou peor xeito a candidatura da dereita. O que repercutirá de xeito decisivo para a súa posible continuidade son as últimas actuacións na xestión universitaria:
 

  • ·         A inexplicable situación derivada do desfase orzamentario no que, pola diferente interpretación do Plan de Financiamento a UDC deixou de percibir máis de 3,7 millóns de euros. Isto provocou a paralización do gasto e o conseguinte “cabreo” nos centros e departamentos. A situación orixinada por esta circunstancia leva a que o equipo de goberno da Universidade se vira na obriga de negociar coa Xunta un plan de axuste aínda sen aclarar.
     

  • ·         O outro punto que pode repercutir decisivamente na continuidade de Nova Luce no goberno da Universidade é a alternativa de fusionar centros e departamentos, presentada con moi pouca transparencia e que foi rexeitada, de xeito radical, por numerosas xuntas de centro 

Resulta incomprensible a posición do equipo reitoral absolutamente enrocado na negativa a que estes dous importantes asuntos sexan tratados polo Claustro Universitario, máximo órgano de representación da Comunidade Universitaria.
 
Para analizar a difícil situación de Nova Luce compre ver os resultados das votacións de 2011. Coa posible, máis ben segura, perda de apoios, a alternativa que representa Julio Abalde ten moi difícil a continuidade á fronte da institución.
 
Eleccións a reitor 2011. Votos primeira volta
 

Candidato: RECUERO ASTRAY, MANUEL JOSE

440

Candidato: PAZOS SIERRA, ALEJANDRO

724

Candidato: NAVARRINA MARTINEZ, FERMIN LUIS

1118

Candidato: CASTEDO RIBAS, LUIS

1140

Candidato: ARMESTO BARBEITO, XOSE LUIS

1676

 
Eleccións a reitor 2011. Votos segunda volta
 

Candidato: ARMESTO BARBEITO, XOSE LUIS

2361

Candidato: CASTEDO RIBAS, LUIS

2246

 
A suma dos votos dos candidatos que agora anunciaron a candidatura conxunta ascende a 2304. Isto supón algún voto máis dos que tivo o seu representante na segunda rolda.
Armesto, aínda que gañou as eleccións non se fixo, nin de lonxe, cos votos de Navarrina xa que xuntos contarían con 2794
 
Está claro que o voto da dereita é moito máis sólido que o dos candidatos alternativos (non lles imos chamar de esquerdas porque non o son).
 
A falta de saber a decisión que toma Fermín Navarrina, a candidatura da dereita parte con ventaxe, non por méritos propios, posto que, neste período, desapareceu do mapa porque Nova Luce defendía claramente posicións que lles valían perfectamente.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript