Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 289 - 19/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Recollida de sinaturas para manter as Prácticas Clínicas de grao en Podoloxía

Este ano, @s alumn@s de Podoloxía, da Facultade de Enfermería e Podoloxía da Universidade da Coruña, fomos informados a día 15 de outubro que durante o curso académico 2015/2016 non teremos dereito a realizar as Prácticas Clínicas contempladas no plan de estudos (terceiro e cuarto curso), por falta de recursos económicos para a compra de material e mantemento de instalacións da Clínica Universitaria de Podoloxía. A clínica só seguirá adiante se este conflito resólvese no prazo de 2 semanas.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O problema xa xurdiu hai anos, xa que ano tras ano o orzamento económico que recibe a Facultade, procedente do Reitorado da Universidade dá Coruña, viuse diminuído debido á crise económica que a Universidade sofre. Pero, precisamente no curso 2015/2016, sufriu o golpe máis grande cun recorte do 35% da dotación económica, do mesmo xeito que o resto de graos da UDC.
 
Estes recortes afectan a todas as carreiras universitarias da UDC, independentemente da especialidade (dereito, arquitectura, enfermería, etc). En consecuencia, todos os alumn@s da UDC están sufrindo as consecuencias destes axustes, en maior ou menor medida. Pero precisamente, @s alumn@s de Podoloxía, estásenos poñendo en xogo o noso futuro, o noso dereito a graduarnos, e o noso dereito para ter unha formación práctica de calidade. Por agora a única alternativa viable que nos pode ofrecer a nosa propia Facultade é a de pagar 600€ por alumno, tendo en conta a compra de materiais e o custo de mantemento da propia clínica. Obviamente, sabemos que algúns alumnos poderían achegar esta cifra, pero desgraciadamente, coñecendo os duros momentos que atravesan todas as familias españolas de clase media durante estes anos, a gran maioría non poderán permitirse pagar este prezo. Sinalar tamén, que ademais destes 600€, os alumn@s de Podoloxía xa pagamos unha matrícula para este curso de 835€ ou máis, entendendo así que con este pago temos dereito a unha docencia e práctica clínica dignas. Mentres tanto, a UDC asegura hoxe no Diario de Ferrol http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/enfermeria-asegura-recortes-poñen-perigo-clinica-podologica/20151015214106136583.html que “a Clínica Universitaria de Podoloxía non periga”. “Está afectada polo recorte no orzamento do mesmo xeito que todos os servizos”
 
Seguir lendo e, se queres, asinar

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript