Outubro de 2015
 
 

NÚMERO 289 - 19/10/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Acordo no Plan de Financiamento 2016-2020

Os reitores asumen por unanimidade aínda que con críticas (das Universidades da Coruña e de Vigo), o novo financiamento das tres universidades galegas que estará en vigor o próximo quinquenio, entre os anos 2016-2020, e repartirá cerca de 2.480 millóns ás tres institucións académicas.

 

 

 

Este novo plan partirá dun 33 por cento de repartición inicial baseándose en resultados, aínda que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prevé que ao finalizar o seu percorrido en 2020 o peso desta parte do financiamento supoña "polo menos un 40 por cento" do total.
 
O resto dos fondos representan a parte estrutural do plan financeiro, que ascende inicialmente un 66 por cento do total e que busca garantir "a suficiencia do sistema" reflectindo a estimación do custo de persoal docente e administrativo necesario para tender as necesidades formativas de cada universidade.
 
Impulsarase unha comisión de seguimento que analizará a evolución e o cumprimento dos obxectivos e na que se traballará para adecuar "progresivamente" o panel de indicadores que regulan a repartición por resultados ás necesidades das institucións académicas.
 
Os tres reitores galegos valoraron os aspectos "positivos" do documento, como contar cunha planificación financeira e que se abra un escenario de "crecemento" na achega pública.
 
A pesar diso e de que dan "o seu voto de confianza", puntualizaron matices "negativos" que, no caso de Vigo e A Coruña, refírense aos "cambios" nos criterios seleccionados para a repartición por obxectivos e a falta de ponderación dalgúns indicadores.
 
As universidades terán que adherirse individualmente ao plan a través de convenios, nos que se comprometerán a cumprir os obxectivos establecidos e garantir a estabilidade financeira durante o próximo quinquenio.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript